Roteiro polas gándaras de Budiño e ribeiras do Louro
mércores, 21 de novembro do 2007, por nela que.

A asociación ecoloxista Verdegaia organiza no vindeiro domingo 25 de novembro un roteiro guiado polas Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

As ribeiras do rio Louro, entre as vilas do Porriño e Tui, constitúen unha das tres zonas húmidas interiores máis importantes de Galicia. En 1999 a Consellaría de Medio Ambiente incluiu 959 hectáreas desta área na Rede Natura 2000, espazo ecolóxico de ámbito europeo. Porén, nos últimos anos a superficie protexida reduciuse nun 25% en favor da industria e das vías de comunicación.

Sairá un bus dende Vigo, ás 10:15 da igrexa de Bouzas e parará ás 10:25 no Hotel Bahía, ás 10:30 na Clínica Concheiro (Avenida de Madrid) e ás 10:45 na Avenida da Galiza do Porriño (parada de autocarros).
mais información en www.verdegaia.org

.