Estamos actualizando a páxina de alg-a, e cremos que é un bo momento para escribir un pequeno artigo, dando algunhas pautas sobre como seguir as actividades da páxina.
Lista de correos:
A mellor maneira para estar informado das actualizacións máis significativas, así como das actividades máis destacadas, é a través do newsletter alg-a. Para estar subscrito á newsletter alg-a podes encher o formulario que se mostra ne seguinte imaxe, e que está na marxe da túa exquerda:
Sindicación de contidos rss:
Posiblemente xa saberas o que é a sindicación de contidos, se non é así podes visitar as seguintes entradas da wikipedia: rss, sindicación, agregadores.
Como agregador alg-a recomenda empregar netvibes, que funciona na Internet, e pode ser consultado dende calqueira ordenador.
As canles rss da páxina de alg-a son:
RSS xeral: Sindica todo o sitio web de alg-a excepto o netlabel.
RSS netlabel: Sindica os contidos do netlabel
RSS videolabel: Sindica tan só os contidos do videolabel.
RSS galería: Sindica tan só os contidos da galería alg-a.
RSS textos: Sindica tan só os contidos da sección de textos de alg-a.
RSS fluxos: Esta é unha sindicación especial, xa que che permitirá non só recibir tódalas novedades referentes tanto á páxina de alg-a como do seu netlabel, senón tamén contidos doutras páxinas web donde membros de alg-a tamén publican. Algúns exemplos destas páxinas son mediateletipos, escoitar, nelaque, as páxinas persoais dos membros da comunidade, as súas contas en delicious e flickr, artesonoro, etc... Podes tamén consultar esta sindicación na propia páxina de alg-a, na sección fluxos.
hola, non sei se son un negado absoluto, pero non me deixa poñer o e-mail na caixiña da subscripción, se mo facedes agradézovolo.
Si, bueno perdoa, é que a imaxe é un pouco confusa, xa que parece un formulario pero en realidade non o é. Para subscribirte tes que ir á páxina principal. http://www.alg-a.org, e unha vez ahí, á marxe dereita, verás o mesmo formulario que aparece na imaxe.
Pero non te preocupes, que xa te suscribín eu. Só tes que seguir as instruccións que che aparecen nun email que che acaba de chegar.