Semiconductor - Magnetic films
luns, 24 de marzo do 2008, por isaac-cordal.

¿Estamos observando unha serie de experimentos científicos, o universo en un estado de fluxo, ou un documental dun mundo de ficción?

Magnetic Movie é un traballo de Semiconductor realizado polo dúo Ruth Jarman e Joe Gerhardt. Recentemente premiados no British animation award. Innovador traballo de animación que mistura as teorías dos científicos sobre os campos magnéticos, misturando a realidade dos sons inaudibles que xeneran coa súa suposta representación gráfica. A vida secreta dos campos magnéticos invisibles revelase como unha caótica xeometría sempre cambiante. Toda a acción ten lugar en torno á NASA nos Laboratorios de Ciencias Espaciais, da Universidade de California en Berkeley. Cando todo se mova así no noso escritorio estaremos obrigados a ser máis ordeados seguro.

Semiconductor |
AnimateTV 2007 | 2007 | Duration: 4’56" |

Entrevista a Semiconductor por Animate project

"A través do noso desexo de atopar o significado, comezabamos a elaborar a interpretación do noso propio imaxinario expresado para tratar de atopar un xeito de comprender as imaxes deste mundo que existe máis aló das nosas percepcións sensoriais. Baseándose en descricións verbais dos científicos formulamos a nosa propia resposta, representando visualmente os campos magnéticos como xeometrías sempre cambiantes no marco do laboratorio de ciencias espaciais".
Semiconductor 2007

Vias: Fat-cat records | Motion design | Animate projects

.