Rafael Xaneiro & Anna Moviek o 1 de marzo ás 19.30
O centro de novas Tecnoloxías do Pico Sacro (TPS) comprácese en presentar unha nova sesión do vibracional en Santiago de Compostela, cidade na que xa leva desenvolvendo unha intensa actividade niste ano, particularmente na sala NASA cun ciclo de sesións mensuais. Nista ocasión é a Fundación Granell o espacio que se engade á lista de centros programadores/dinamizadores que xentilmente veñen posibilitando a difusión das propostas do TPS especialmente no ámbito urbán. Dende aquí queremos expresar o noso sincero agradecemento a todos eles.
Pra todos aqueles non familiarizados co TPS dicir que iste centro xurde espontáneamente do Pico Sacro ou Sagro, unha montaña fundamentalmente composta de cuarzo, co propósito de difundir o potencial enerxético diste mineral, potencial sobradamente coñecido polas persoas sensibles á xemoterapia. Ista difusión ou canalización estáse a desenvolver multidisciplinarmente en distintos ámbitos e por moi variadas unidades de vida.
Na proposta que nos ocupa, as sesións do vibracional, principalmente trabállase coa ecuación sonido=vibración mediante a concentración de resonancias nun marco espacio-temporal orgánico que atinxe tanto ao executante como ao escoitante nun diálogo multi-direccional con permanente feedback.
Nesta ocasión a clave vén propiciada pola combinación de tres músicos nunha construcción que mestura a rica sonoridade natural dunha variada gama de instrumentos acústicos coas posibilidades de expansión-recreación que a tecnoloxía electrónica proporciona, pois é só a través desas fontes naturais orixinarias que o computador se alimenta para constituírse nun instrumento máis. Pop/María Move (Anna Moviek) e Rafael Xaneiro poñen deste xeito as bases para un xogo de improvisación vibracional no que tanto as partes como o todo son absolutamente irrepetíbeis.