Sesión Vibracional na Sala Nasa: Parto
venres, 11 de xuño do 2010, por Madamme Cell.

+ 10 ANOS DE PARTO +

Sala Nasa. Mércores 16 de Xuño. 21.30 h

Pablo Rega. Guitarra Eléctrica, Electrónica
LAR Legido. Batería, percusións
Patxi Valera. Batería, percusións

Bilheteira: 5€ / Tripulación de balde / Internet 5€

+ info

Formado en Galiza en maio de 1999 como trío de música improvisada, a tripulación base de Parto está integrada por LAR Legido e Patxi Valera, dúo de baterías multipersusionistas, e Pablo Rega, guitarrista e músico electrónico. Esta formación de músicos improvisadores, viaxeiros e creadores de espazos sonoros amplos, trasládanos de maneira fluida dende os extremos dun minimalismo acústico sutil ata as texturas electrónicas de maior densidade. Nos seus espectáculos sucédense as diferentes escenas nas que os componentes experimentan con calquera recurso: sons guturais, percusión no corpo, voces, auga, xoguetes, aparellos de radio, motores, baterías de fabricación caseira, batería electónica, guitarra preparada, dispositivos electrónicos e en xeral calquera instrumento ou obxecto susceptible de ser percutido, frotado ou rañado. Hai que salientar asemade a importancia outorgada nesta formación aos aspectos lúdicos da improvisación, entendida esta como unha inesgotable necesidade de xogo. Boa parte disto aparece nos seus espectáculos ao vivo, auténticas experiencias sonoras creadas Baixo un paraugas de percusións e obxectos sonoros moi variados. En escena enfróntanse LAR Legido á bateria electrónica e Patxi Valera á batería de xoguete, todo iso salpimentado e aderezado pola ampla plaeta sonora do guitarrista electro-acústico Pablo Rega.

Enviar comentario
Categorías
Madamme Cell