Sesións vibracionais TPS
luns, 28 de febreiro do 2011, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda, Son, Copia e pega, Made in GZ

Petazeta Sesións vibracionais TPS
Marzo 2 Mércores ás 21,30h.
5 € | Tripulación de balde
Sala Nasa (Compostela)


Txt e imaxe extraídos da web da Rede Nasa

A estas alturas, pensando xa no bo tempo, lembrámonos do 70, do Festival da Illa de Wight. Miles Davis actuaba nun macro-evento inzado de rockeiros, mesturando na súa formación básica de ventos e batería instrumentos como a percusión, o teclado e o baixo eléctrico. Aí comezou a derivar o jazz cara ao funky chill-out, as burbullas ambientais ou o free-jazz, dentro dun ambiente de cambio propicio para atopar novas formas e sonoridades.

Pablo Sax: saxo soprano
Trompy: trompeta, efectos
Enrique Otero: teclado,
Iago Mouriño: fender rodhes
Pablo Pérez: contrabaixo, baixo eléctrico
Carlos Castro: percusión
Patxi Valera: batería.

Dado que unha parte dos músicos da O.m.e.ga. manexan estas referencias musicais xeneracionais e gozan aportándoas á súa linguaxe persoal á hora de improvisar, algúns deles decidiron facer unha homenaxe pública a esa forma de facer as cousas. Embárcanse nun novo proceso lúdico de procura, inician outra enriquecedora viaxe a ningures, porque os impulsos primarios condúcennos á necesidade de formar tribu e encontramos pracer en establecer unhas regras de xogo básicas para botar unha pachanga en condicións. Un motivo de reunión, en tempos de crise, como un solteiros contra casados de toda a vida.

Petazeta. Enerxía de viaxe, ritmos intensos, latexos do corazón, sabores antigos. Funk e Drum’n’bass. Waltz lento e onírico. Soleá por bulerías. Africa. Habaneras ou boleros. Deconstruír e construír. China. Tambores. Metais. Acción.

Enviar comentario
Comentarios
28 de febreiro do 2011 12:08
1 de marzo do 2011 00:58, por Carlos Suárez

Ei Nacho. .
Moi bo o video dos nenos no blog. . .
Aperta

Categorías
Isaac Cordal