Showcase Alg-a no HackLAB do MARCO este venres 27 de abril
mércores, 25 de abril do 2007, por Chiu Longina.
categorías: Axenda

SHOWCASE Alg-a [concertos IGMIG + Anna Moviek & Rafael Xaneiro]
e presentación dun cadro-espello de Rafael J. Ambel

Este venres 27 de abril, continuando co programa de actividades do proxecto do Audio HackLAB ESCOITAR.ORG no Espazo Anexo, ofrécese un Showcase do colectivo Alg-a, cun dobre concerto de IGMIG e Anna Moviek & Rafael Xaneiro, dous proxectos sonoros que teñen en común a experimentación co son como vía de traballo. Ademais, o mesmo día presentarase unha obra producida por Rafael J. Ambel no Hacklab, consistente nun cadro-espello dotado dunha tecnoloxía que permite gravar as voces dos que se achegan a observalo.

SHOWCASE Alg-a: dobre concerto
IGMIG + Anna Moviek & Rafael Xaneiro
Data: venres 27 abril
Lugar: Espazo Anexo (Audio HackLAB Escoitar.org)
Horario: ás 19.00 [IGMIG] e ás 20.00 [Anna Moviek & Rafael Xaneiro]
Entrada libre ATÉ COMPLETAR AFORO (50 PERSOAS)

Alg-a é uha [*comunidade*] de arte e acción [*libre*] e tamén unha Asociación Cultural.

Naceu pola necesidade de crear unha comunidade virtual que permitise o contacto entre os seus membros (a través de rede). Alg-a non é un medio de información, aínda que incorpora unha estrutura de axencia de novas; tampouco é algo que emite para que alguén o reciba, senón algo que emite e recibe ao mesmo tempo, e que muta dependendo de quen se relacione con ela. O nome de alg-a fai referencia ao contexto no que naceu a comunidade, e ao contexto no que habita. A toda unha masa de vida que existe baixo a superficie visible.

Os campos de acción desta comunidade son o laboratorio alg-a –un lugar onde se levan a cabo diversas actividades como obradoiros, actuacións, estudos para creadores, intercambios, mediateca e convivencia– o netlabel e galería alg-a –dous espazos de publicación de traballos sonoros e visuais na rede baixo licencias libres que permiten a súa distribución e copia– os textos alg-a –unha mediateca na rede, onde se recopilan textos (entrevistas, pensamento, poemas, etc.) de xente ligada a alg-a ou persoas de referencia e de interés comunitario– e os artistas alg-a, unha base de datos dos artistas ligados ao proxecto.

+ INFO:
http://www.alg-a.org

INFORMACIÓN DOS ARTISTAS

IGMIG
Matrimonio artístico entre ig e mig. Naceron nun tempo e nun espacio indeterminados entre milnovecentos e pico e dous mil non sei cantos, entre Souto Xusto e Arcade. A violencia dos primeiros ensaios nunha sombría adega abandoada rompeuse nunha gratitude cara o mundo e decidiron agasallarle sons ás obras das rúas e os almacéns de tubos. Máis adiante aniquilaron os seus instrumentos convencionais e hoxe en día sobreviven como prolongación de aparatos con sensores e micrófonos para poder berrarlle máis alto ao mundo.

Nesta ocasión, coa única axuda de dous micrófonos, IGMIG fará unha viaxe sonora intentando arrincar os sons ocultos que se poidan agochar entre as paredes do museo.

Anna Moviek & Rafael Xaneiro

Con diferentes referencias e traxectorias individuais, Rafael Xaneiro, Pop, e María Move converxen na experimentación sonora a través do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (TPS), entidade que no decorrer dos catro últimos anos ven desenvolvendo un labor catalizador de esforzos múltiples en torno á improvisación como forma de arte, dos que xurdiron eventos periódicos como as Sesións Vibracionais na Sala Nasa (Compostela) ou experiencias integradoras como a Orquestra de Improvisación Libre, lugares pouco comúns na expresión musical do país, aínda que cada vez máis frecuentes.

Nesta ocasión, a clave ven propiciada pola combinación dos tres músicos nunha construción que mestura a rica sonoridade natural dunha variada gama de instrumentos acústicos coas posibilidades de expansión-recreación que a tecnoloxía electrónica proporciona; pois é só a través desas fontes naturais orixinarias que o computador se alimenta para constituírense nun instrumento máis. Pop/María Move (Anna Moviek) e Rafael Xaneiro poñen deste xeito as bases para un xogo de improvisación vibracional no que tanto as partes como o todo son absolutamente irrepetíbeis.

O que o cadro escoita
por R. J. Ambel

“¿Qué ve el pintor en el cuadro? ¿La ventana a la que se asoma llena de bruma blanca? ¿Un rectángulo? Depositar un rastro de pintura da miedo porque la pintura mancha; hay un miedo ancestral en la educación artística, al error. Pero ¿qué sentiría el cuadro cuando esos rastros de pintura se van depositando sobre la superficie del soporte? ¿Qué vería el cuadro? ¿Qué oiría el cuadro?

¿Qué oye el artista cuando trabaja sobre el lienzo? El susurro del pincel al deslizarse sobre la tela tensada. La pintura no tiene ruido. Es como la sangre sobre la piel. No se oye, pero expresa desde el grito expresionista hasta la paz de la perspectiva aérea. Los museos, salas y casas de todo el mundo están llenos de pintura sobre bastidores; estos bastidores son como membranas que recogen las vibraciones no sólo de los colores sino del sonido. Pero el sonido no se ve.

Si los cuadros pudieran oír el comentario del que los mira, del espectador, o del que pasaba por ahí. Normalmente las expresiones verbales ante un cuadro son con alguien al lado, con un compañero o un guía del museo, con un niño al que intentamos descifrarle algo en una visita escolar, con un crítico de arte o con un erudito, ¿que dice el espectador delante de un cuadro? A veces los cuadros han escuchado incendios, explosiones en las guerras, conspiraciones, declaraciones de amor; otras veces el silencio de la mirada enamorada hacia el propio cuadro.

Esta obra que presentamos quiere emular a un ser vivo que escucha lo que se dice al otro lado de la tela. El que habla delante de un cuadro normalmente dialoga con alguien, y el diálogo siempre demuestra sentimientos. La expresión de los sentimientos es positiva para la sociedad, y si los cuadros hubieran oído a lo largo de la historia seguramente sería la otra historia jamás contada. El soporte de esta obra es un espejo pero representa lo que los cuadros ven y oyen; el espectador de esta obra se verá reflejado; para interactuar, el espectador debería cerrar los ojos, dejar de verse, para pasar a hablar de la experiencia visual del cuadro que más le impactó en su vida.”

Word - 1.9 MB
Dossier de prensa
Enviar comentario
Comentarios
25 de abril do 2007 09:02, por nelu

“vaia”....outra que me perdo.....
si e que esto ten que pasar mais veces joderrrrrrrrrrr

espero que o pasedes moi moi bem......tenme moi intrigada o cuadro espello ese....a ver se alguen pode contar con mais que testos o que nel ocorren....e por suposto....sempre reivindicando o dereito a escoitar-ver...............alguén pode capturar o que o venres teña lugar no MARCO de Vigo e asi poder verlo os que por cuestions no pasionais pero si necesarias non poderan estar ali.....para con vos estar e disfrutar

un bico, unha aperta enorme....e moita sorte e fortuna.....a ig, a mig, a maria, a pablo, a rafa, o outro rafa.....e a todos os que queran recibir meu agasallo

y como diria isaac: mira, suena un beso....jejeje
muañk

29 de abril do 2007 03:06, por chiu

Tedes fotos na seguinte dirección:

http://www.escoitar.org/documentacion/spip.php?article236

Do concerto de IDMIG hai dúas (son as que non se ve a ninguén no escenario, ja, ja, ja), armaron unha boa e saíron ó final do concerto por unha porta, a xente estaba tan sorprendida que non hai fotos da saída.

Todo foi moi ben, con bises e todo

aperta
chiu

Categorías
Chiu Longina