Signs of revolt, Creative resistance and Social Movements since Seatle é unha exposición que conmemora os 10 anos de acción directa de activistas, ecoloxistas e sindicalistas nas rúas de Seattle contra o capitalismo, a guerra e o Cambio Climático en Novembro de 1999. A primeira concentración antiglobalización con maior repercusión mundial e que logrou dalgún xeito espertar ao "Movemento de movementos" polo dereito a que "outro mundo é posible". Nesta exposición en Londres (Shop 14, Truman Brewery, 91 Brick Lane, London, E1 6QL do 14 ao 22 de Novembro) faise un repaso dos acontecementos máis transcendentais desde Seatle a Copenhagen co punto de vista de activistas, organizacións, de cineastas, de deseñadores e de artistas involucrados nos movementos antiglobalización. Os artistas que colaboran na mostra poden consultarse aquí.

Foto de Kennard Phillipps

O Sábado pola mañá houbo unha conferencia de Indymedia, creo que as conferencias van a subilas on line en breve. Na exposición hai infinidade de carteis de manifestacións, fotografías, panfletos, etc. Hai unhas imaxes durísimas de Carlo Giuliani, morto dun disparo dun policia en Genova en 2001, feito que nunca debería haber ocurrido, e que recentemente se coñeceu o veredicto da European Court of Human Rights que pódese ler aquí.

Enviar comentario
Comentarios
19 de novembro do 2009 04:19, por Durán Vázquez

Hola.

Gracias por la noticia.
Enlazando con esto, señalo el último programa de Metrópolis dedicado a la Bienal de Estanbul, que presentó unas obras muy interesantes:
http://www.rtve.es/alacarta/la2/abecedario/M.html#629234

saludos___________

19 de novembro do 2009 10:49, por isaac-cordal

Hola Durán,
Gracias por el aporte. He visto la primera parte del documental sobre la Bienal de Estambul, muy interesante. Ojalá otras Bienales y eventos artísticos tuviesen ese enfoque.
Abrazo,
isaac

Categorías
Isaac Cordal