O Centro Veciñal e Cultural de Valladares organiza estes días o Simposio Europeo de Escultura "Arte e Tecnoloxía".

8 escultores europeos que representan a Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Lituania, Portugal e Turiquía coordinados por Remigio Davila como director técnico e artístico, que tamén executará unha escultura.

Durante 20 días executaranse en directo as 8 obras escultóricas diante do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo). Ademáis realizarase unha exposición de obra menor dos artistas e outros actos vinculados á arte.
Posteriormente instalaranse as pezas formando unha ruta escultórica no entorno do Parque Tecnolóxico de Vigo e da parroquia de Valladares.

O obxetivo principal do Simposio é dotar de esculturas ao entorno do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo para humanizar e embelecer o seu ámbito. Deste seito, as industrias do polígono contribúen ao traverso da ARTE coa sociedade e desenvolven a RSC (Responsabilidade Social Corporativa).

O evento executase estos días en directo, nunha zona habilitada ao efecto coa asistencia de público; para que coñezamos in situ o proceso de creación dunha escultura, mentres os artistas interrelacionanse co publico asistente, intercambian ideas e coñecementos.

O material das obras será principalmente granito de diversas calidades e zonas da provincia de Pontevedra, para darlle variedade e vistosidade as esculturas:

- Rosa Porriño

- Negro de Campolameiro

- Gris de Mondariz

- Albero do Galiñeiro

- Azulado do Couso

- Gris de Salvaterra

- Silvestre do Monte Alba...etc.

Coa colaboración da Comunidade de Montes de Valladares, o parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra.

Enviar comentario
Categorías
nela que