Sin colectividade non hai cultura
xoves, 4 de maio do 2006, por Berio Molina.

Hoxe, xoves ás 8 da tarde, terá lugar no MARCO de Vigo unha mesa redonda sobre o estado da arte en galicia, dentro do ciclo de confrencias que organiza a universidade, comisariadas por X.M.Buxán, baixo o nome de Universium.

Nela estaremos falando María Xesús Martínez (Directora do Frankfurter Kunstverein), Miguel Wandschneider (Consultor/curador de artes visuais no Culturgest, Lisboa), e máis eu, Berio. Presentados por Jesús Hernández Sánchez (Decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra).

saúdos

Sin colectividade non hai cultura
Colectividade e o estado actual da cultura contemporánea en galicia

¿Que é o que está a acontecer nas vosas areas?.
1.A colectividade como xerador de cultura.
2.A colectividade como motivador da creación.
3.Os medios dixitais como ferramenta de comunicación e creación.

¿Cómo vedes a situación real dos vosos ámbitos de creación?.
1.Desubicación contextual (a escena artística galega non comparte un mesmo espacio físico/contexto: emigración) (e cando o fai é de maneira fustrada, mutilada, xa que lle faltan membros).
2.Non hai lugares que promovan a interacción dos membros da escea.
3.Axudas que non van orientadas á xeración dunha cultura, senón ó desenvolvemento artístico individual.

Proposta de futuro
1.A creación dunha rede de nucleos culturais.
2.Posible modelo das asociacións culturais nos pobos de galicia.

A COLECTIVIDADE É O ÚNICO QUE PODE XERAR CULTURA!

Con motivo de preparar o contido para tratar nesta mesa redonda, Xose Manuel Buxán enviounos un mail ós que aquí imos falar, e ós que xa levan falado, donde entre os puntos a tratar se suxería que deramos unha resposta á pregunta ¿que é o que está a acontecer nas vosas areas?

Despois de pensar un pouco nas cousas interesantes e significativas que están acontecendo na extensa area da arte, estamos obrigados a pensar que non está acontecendo nada, ou polo menos nada que sexa digno de destacar, posiblemente debido a que en galicia non existe unha práctica artística dende a colectividade, e como non existe a colectividade non se está xerando cultura, e polo tanto non se está facendo nada.
Ou dito doutra maneira, positivamente, só as poucas prácticas que proceden da colectividade son aquelas que merecen destacar como algo significativo na nosa area. Só as prácticas que proceden da colectividade son as únicas capaces de xerar cultura.

E desde o meu ponto de vista, estas poucas prácticas son:

a aparición de comunidades dixitais, donde se intercambia información, se comunican coñecementos, se publican traballos de creación libre e se debate sobre o estado da cuestión. A través de: blogs, netlabels, publicacións online, software para a publicación conxunta. Exemplos:

Exemplos de galicia:
netlabel alg-a: http://www.alg-label.com
comunidade alg-a: http://www.alg-a.com
aregueifa: http://www.aregueifa.net/
a rotonda: http://www.arotonda.com/
mediateletipos: http://www.mediateletipos.net
sinsalaudio: http://www.sinsalaudio.com/index.htm

Exemplos de fóra de galicia:
test tube(portugal): http://www.monocromatica.com/netlabel/
Miga(madrid): http://www.miga-label.org/esp/video.htm
barrapunto: http://www.barrapunto.com

As comunidades dixitais están profundamente enraigadas coa idea de creación colectiva, é decir, un conxunto de redactores, comunicadores e creadores que lanzan na internet os seus últimos descubrimentos relacionados coa cultura, os seus coñecementos técnicos e as súas creacións.
Soen ser comunidades que surxen por unha necesidade moi forte de comunicación, de establecer un lugar donde mostrar todo o que acontece aredor da súa actividade creadora.
As editoriais libres, como os netlabels ou as publicacións na rede, son lugares donde se poden ver e conseguir traballos de creación que polo seu formato poidan ser dixitalizados, como audio, video, texto, imaxes, código, etc... Están maiormente baixo licencias libres CC (Creative Commons: http://es.creativecommons.org/), donde se da a liberdade ó propio autor da obra, de decidir que dereitos cede, baixo o lema “algúns dereitos reservados”. Así por exemplo no netlabel alg-a, sóese permitir a distribución libre da obra e a súa copia, sempre e cando se recoñeza a autoría e a licencia.
Estas comunidades son de recente aparición nun nivel significativo e aínda non se atopan no seu maior grao de desenvolvemento, que irá ligado á evolución do software que empregan estas comunidades, os chamados CMS (sistema de xestión de contido: http://es.wikipedia.org/wiki/CMS).

Polo tanto que podemos atopar nestas comunidades? Textos críticos, crónicas de eventos, novas, publicacións de creacións, creacións, foros de debate, información sobre outros portais e lugares de interés, streamings (retransmisións en tempo real), radios...

A un conxunto de xente, a unha colectividade poñendo en común os seus intereses e as súas accións, ligadas por suposto á cultura.

a aparición de comunidades físicas, que dispón un lugar donde poder acudir, poder interrelacionarse cos membros desa comunidade, crea un lugar donde poder mostrar os traballos, crease un foro donde poder poñer en proba os coñecementos, un lugar que xenera, imparte e recibe coñecemento, un lugar en proceso de creación contínua. Exemplos:

Exemplos de galicia:
non hai

Exemplos de fóra de galicia:
riereta (barcelona). http://riereta.net/tiki/tiki-index.php
saladestar (barcelona). http://www.saladestar.com/
hangar (barcelona): http://www.hangar.org/html/index.php
mil viviendas (barcelona)
binaural (lisboa) http://www.binauralmedia.org/_pt/index.html
zemos98 http://www.zemos98.org/spip/

Estas comunidades normalmente desenvolven actividades como obradoiros, aluguer ou cesión de espacios de traballo, aluguer ou cesión de material, mesas redondas, conferencias, actuacións, exposicións, bares, radios, convivencias, residencias, convocatorias, festivais, etc...

Atópanse extrcuturadas de diversas formas, así podemos atopar asociacións culturais, asociacións audiovisuais, okupas, centros cívicos, espacios xoves,etc... Soen ter na maioría dos casos apoios intitucionais, aínda que poida que non sexa así, como no caso das okupas.

Os medios dixitais como ferramenta de comunicación e creación.
Neste entorno, os medios dixitais aparecen como unha ferramenta indispensable para manter a comunicación entre a comunidade, dado o alto índice de emigración da xuventude en galicia, e dado o resto de facilidades que a internet permite para a difusión e a información. Os medios dixitais manifestanse como a ferramenta por excelencia á hora de crear cultura contemporánea, e o seu manexo e as habilidades técnicas, así como un bo entendemento da súa lenguaxe, a programación, é unha das virtudes dos seus membros máis valoradas,e se fai indispensable para modulalas, estiralas, transformalas e crealas acorde ás necesidades do que o conxunto demanda.

Aredor dos medios técnicos e tecnolóxicos soen agruparse estas comunidades, coa finalidade de intercambiar coñecemento e experiencias, e os traballos que levan a cabo con elas. Son unha motivación máis para que os artistas se reúnan e se relacionen.

Ademáis disto as comunidades ligadas á tecnoloxía aportan métodos en pro da colectividade que se amosan moi distantes dos métodos empregados normalmente no campo da arte contemporánea. E estes métodos son, precisamente, o traballo contínuo e o contínuo feedback. Calqueira comunidade que desenvolve un software libre, por exemplo, leva a cabo unha grande actividade conxunta, a través dunha lista de correo, ou dun sistema especialmente xa creado para que cada un saiba continuamente o que está facendo o outro e constrúa a partires do que este fai. Polo que poderiamos pensar que este é o exemplo ideal do que é a cultura. Algo que se constrúe directamente e de forma orgánica, sobre as accións que os membros dunha comunidade fan ó interaccionar entre eles. A cultura é o fruto deste traballo conxunto, igual que o software é o fruto do traballo conxunto. Trátase dunha construcción colectiva, sempre e cando, claro está, a cultura sexa libre, e permita e poida integrar as aportacións de todos, algo que por exemplo, impide e coarta o feito de que bens de dominio publico teñan nome e pertenzan a causas privadas.

¿Cómo vedes a situación real dos vosos ámbitos de creación?.
Desubicación contextual (a escena artística galega non comparte un mesmo espacio físico/contexto: emigración) (e cando o fai é de maneira fustrada, mutilada, xa que lle faltan membros).
Este é un dos maiores problemas que afronta a xeración de cultura ligada a arte contemporánea. Non hai xente xoven en Galicia, non hai artistas, a poboación de creadores está menguada á metade aproximadamente, o cal impide moito o desenvolvemento dunha escea local e persoal cunha identidade forte.
Como exemplo deste despoboamento, podemos ver a exposición que hai agora mesmo no MARCO, a chamada exposición urbanitas, na que o 40 % dos artistas que expoñen non viven en galicia, e na que apenas se pode ver unha identidade propia que sexa significativa dunha cultura.
Sin contar con que o 60% restante apenas ten unha implicación e unha responsabilidade e conciencia na cultura, é decir, non ten unha implicación directa na xeración de cultura, a través de accións sociais. Simplemente se limita a “crear obra”.
Se non hai convivencia, non hai intercambio nin interactividade, e polo tanto non hai cambio nin se aporta nada novo. Só se reciben coñecementos ou “estilos” sin ter a posibilidade de aportar os propios, non hai comunicación, non se emite, só se recibe. Dificilmente se pode crear convivencia, cultura, identidade contemporánea se a metade da poboación está fóra, fisica e mentalmente.

Curiosamente para sentirnos identificados con algo, emigramos a fóra, porque en Galicia os artistas “contemporáneos” se sinten solos, e non atopan respostas as súas necesidades. Síntense solos en parte, precisamente, porque estas necesidades non proveñen do seu entorno máis inmediato e vivencial, senón que proveñen de culturas a mil anos luz, debido a que carecemos dunha cultura contemporánea propia. E non temos unha cultura contemporánea propia porque carecemos dos axentes que a xeneran, carecemos da colectividade, carecemos do intercambio, o que fai que esta soedade se retroalimente, carecemos dunha identidade dentro da arte contemporánea.

Non hai lugares que promovan a interacción dos membros da escea.
..cando o que realmente fai falta é que haxa centros nos que poder desenvolver unha actividade artística contínua, é decir, lugares donde os artistas poidan acceder baixo prezos accesibles a uns talleres, unhas mínimas instalacións técnicas e tecnolóxicas, un lugar de encontro, un espacio donde poder mostrar actividades non usuales-dixitais (e cando digo dixitais non só falamos de videocreación, senón de instalacións interactivas, sensores, laptop music, software art, soundtoys, animacións interactivas, vj e dj actions, narración interactiva, robots, etc...) donde se leven a cabo obradoiros e conferencias, etc...

Os únicos centros que hai en Galicia son o CGAC, o Marco e as galerias de arte de corte "clásico", xunto con fundacións privadas... pero sucede que a arte contemporánea é a que vivimos, a que florece da cultura e a alimenta se da en tempo real, e dase no mesmo tempo no que se está creando, e a extructura destes centros non posibilitan este tempo real, xa que nestes centros non viven-traballan os artistas.

¿Qué sitios hai en Galicia donde se mostre arte no mesmo lugar-espacio no que está sucedendo?, ¿qué sitios hai en Galicia donde poidamos atopar a máis de dous artistas xuntos traballando de forma contínua?, ¿ningún?. Hai moitos exemplos que poden servir de referencia como os que enumeramos máis arriba. Poida ser que o asociacionismo sea unha boa maneira de enfrontarse a este vacío (polo menos a maioría das entidades que apuntamos o son), pero para esto deben de dedicarse polo menos tantas axudas como hai para a concesión de concursos e becas, que non digo que estean mal cando están satisfeitas unhas necesidades básicas, pero que só potencian o individualismo, e como xa dixxen en repetidas ocasións neste texto, a cultura non se constrúe si non existen as comunidades, e en Galicia carecemos dunha cultura da creación de agora, viva e fresca.

As axudas hacia a colectividade.
As axudas deben de orientarse máis hacia un beneficiario colectivo que hacia o individual. Actulamente temos en galicia un grande número de axudas para os artistas a título persoal. Axudas para desenvolver proxectos, certames, bolsas, pero, ¿qué fai un artista galego cando lle conceden unha bolsa, gaña un premio ou lle subvencionan un proxecto?. Si lle dan unha bolsa, polo xeral é para estudiar no extranxeiro, ou noutros lugares da península. Si gaña un premio, invirte o diñeiro nunha matrícula nun máster, en cursos de postgrado ou en gastos de mantenemento e aloxamento en cidades de fóra de Galicia. E si lle subvencionan un proxecto, o máis seguro é que teña que irse fóra de Galicia, porque de sabido é, que hai máis posibilidades de que che subvencionen un proxecto si para desenvolvelo tes que ir ó extranxeiro.

Compartimos a idea de que viaxar enriquece, e de que os artistas están condenados a estar en contúnuo movemento, etc..., pero por qué non ía ser Galicia un sitio donde o resto da xente tivese que vir? ¿qué outras axudas para as asociacións que se queira dedicar á creación de arte tecnolóxico, ou a arte máis actual, aparte das axudas xerais a tódalas asociacións, hai en Galicia? A fundación Barrie de la maza da unha axuda para proxectos de desenrrolo cultural, pero que abarca un campo demasiado grande da creación cultural, e polo tanto está moi disputado por tódolos sectores da cultura (patrimonio, etnografía, arte contemporáneo, etc...). E aparte desto non hai grande cousa. Ou poida que a haxa, pero donde está a difusión destas axudas, no doga?, quen le o doga?.

A cultura non é competitiva, é participativa.

En varias entrevistas a xóvenes artistas galegos, que levou a cabo X.M.Lens no portal de culturagalega.org, dentro da serie de bumerang, algúns artistas comentan a necesidade de potenciar e “apostar” por un número limitado deles mesmos, co fin de que polo menos uns poucos poidan dedicarse, vivir e ter o prestixio e as oportunidades da profesión de artista. O cal creo que é erroneo, xa que si decimos esto non estamos falando de cultura, e oponse radicalmente a ella. Nun entorno cultural non se pode falar en termos de competitividade, senón de cooperatividade.
¿de donde ven logo este interés pola exclusividade, pola identificación duns cabezas visibles, dunha marca, do mercado? ¿é a nosa querida cultura sinónimo de mercado? ¿que pasa cos creadores que constrúen cultura porque dia a dia se interrelacionan coas súas accións, pero que non son productos?.

As institucións públicas culturais deben de responder a intereses comunitarios e non individuais, as fundacións están obrigadas a realizar obras sociais. Pero dada a deixadez histórica e os malos hábitos xerados pola cotidianidade, se malentenden estas responsabilidades. Sobre todo no eido da arte contemporánea, donde o ensalzamento dunha figura, dun artista, dunha individualidade esmaga e deixa agochado a necesidade colectiva. Con esto non quero decir que se eliminen as axudas ás figuras individuais, pero si que, polo menos, se estableza un equilibrio entre o individuo e o colectivo. Cantas axudas a proxectos colectivos ligadas á arte contemporánea e última podemos atopar nas institucións de galicia?, ¿cantas axudas, certames, convocatorias, subvencións a proxectos, bolsas atopamos para as persoas individuais?.

Deputacións, concellos, universidade, fundacións...?

Ocórrese, por exemplo, que se poderia crear un concurso no que se fixese unha convocatoria para presentar proxectos con fin de dotar de actividade cultural relacionada dalgunha maneira coa arte contemporánea, a un edificio, casa, ou nave abandoada ou fóra de uso. Poidera ser que se realizara un certame deste estilo en cada cidade de galicia, e que logo se creara unha rede de intercambio entre estes centros, e logo con outros centros da península, portugal e de fóra.

2º A VOSA PROPOSTA DE FUTURO

Creación dunha rede de nucleos culturais
Sería posible crear unha rede de nucleos culturais desde a contemporaneidade, que intercambiasen os seus campos de acción?.
Por exemplo, podería haber certo número de núcleos en determinados pobos e cidades de galicia, alí donde foran surxindo, e entrando en relación mutua de forma que, por exemplo, se foran creando uns obradoiros itinerantes que fosen por todos estes centros, así como actuacións, conferencias, mostras, etc... Cada unha xestionada individualmente pero en contínua relación e cooperación, intercambiando os seus contidos.
Podemos imaxinarnos que todo o mundo quixese vir a galicia, porque durante duas semanas estaría entrando en relación con xente ligada a polo menos cinco centros de creación?, donde coñecería varios pobos e cidades de galicia, donde intercambiariamos coñecementos e cultura?, e que nos levarían logo a donde eles proceden?

Non teriamos así unha experiencia cultural moito máis rica, e polo tanto unhas creacións máis complexas, orixinais e en contínuo desenvolvemento? Non estariamos orgullosos de pertencer a algo? A unha colectividade? A unha cultura? No lugar de identificarnos co de máis alá e emigrar?

O modelo das asociacións culturais en galicia.
En galicia, hai asentada xa este tipo de xeración de cultura, sobre todo nos pobos, donde as asociacións culturais teñen unha implicación e unha repercusión no contexto no que se ubican. De feito, en case tódolos pobos os rapaces saben tocar a gaita e teñen un gran coñecemento de música e baile tradicional e clásica debido ós cursos que se implantan nelas. Polo que o sistema xa está creado e só habería que integrar nel á arte contemporánea ou a arte dixital, e darlle certo dinamismo de interacción entre eles e internacionalmente.
Estas asociacións culturais teñen unha infraestructura xa moi definida que podería ser aplicable para a xeración destes nucleos de cultura contemporánea. Locais, medios, contactos, etc...

Góstame pensar na idea de que houbera tantos centros de cultura e tecnoloxía contemporánea como asociacións culturais dedicadas ó patrimonio hai. Sería a forma ideal da creación. Unha creación retroalimentándose continuamente co seu contexto. Festas do sensor un mes despois das festas do butelo. Intercambios de performances un mes despois dos intercambios de grupos tradicionais folcklóricos. Non debería haber un equilibrio igual entre o patrimonio e o tempo real?. Vivimos na historia ou no presente contínuo, ou en continua interrelación entre os dous?.

Vaiamos a por unha identidade contemporánea, colectiva, libre e en rede.

Berio Molina. 3 de maio do 2006

Enviar comentario
Comentarios
26 de maio do 2006 08:41, por longina

forza berio!!!
aperta
chiu

9 de outubro do 2006 09:02, por isaac

Moi bo o txt ......

26 de maio do 2006 08:42, por berio

jei Chiu,

Gracias!

26 de maio do 2006 08:42, por cris

Estivo moi ben a mesa redonda. Berio moi conciso pero moi claro, a verdade é que a túa idea utópica de que haxa un sitio onde traballar e mostrar e vivir, non me parece tan imposible e so hai que ver o que fixo a rapaza do teu lado, unha tia coas ideas moi claras e sen guión! pois iso, que seguro que se pode facer. O que dixestedes todos estivo moi ben dende a idea de periferia que comparto con Miguel, o asociacionismo que dis ti e a forma de traballar e pensar en arte de Chus, habería que facer máis charlas coma esa porque son moi reveladoras...
Pero a mellor frase da charla foi "yo también he sido víctima de la muiñeira" JEJEJE!!
Ata outra, un saúdo:
cris

.