Son e marea vermella na Ría de Vigo
martes, 23 de febreiro do 2010, por nenoescuro.

Memoria dun tratamento sonoro con el Harmonizer de Spurlig

JPEG - 339.8 KB
http://www.soundandlife.com/blog/wp...

Déixovos este resumo dunha interesante experiencia bio-acústica realizada na Ría de Vigo no verán de 2008 para resolver o problema da marea vermenlla. O desenvolvemento do experimento correu a cargo de Eva J. Adán, música, compositora, terapeuta sonora e sonidista especializada en bioacústica e en valoracións de estado de ecosistemas a través da análise da paisaxe sonora.

Os datos que presenta -como a propia autora indica- non son concluíntes, pero si interesantes e a ter en conta para desenvolver novas formas de tecnoloxía inspiradas en principios ás veces non contemplados ou descoñecidos pola comunidade científica.

Recoméndovos tamén unha ollada á súa páxina www.soundandlife.com, onde poderedes atopar refrencias sobre terapias sonoras tanto para persoas como para contornos ambientais.

Para quen lle interese, Eva Julián vai dar un pequeno taller introdutorio á terapia con son este sábado 27 entre 10.30 e 13.30 no Centro Shalom (rúa Zamora, 84) de Vigo.
Este é o teléfono para apuntarse (as prazas son limitadas): 620 129 931

Enviar comentario
Categorías
nenoescuro