Hoxe pola tarde partimos para Barcelona para unha nova cita co Sónar 2008. E o faremos nese tren idílico que tarda 17 horas cando non son 21. O máis positivo é que cando cheguemos a Monforte de Lemos, o noso querido Berio Molina aparecerá no tren que ven de Lugo. Un momento para o reencontro despóis de ter estado este ano estudando en Rochester na Rit en EEUU e telo merodeando tan só virtualmente polos nosos cuartos, e tamén en ceas e reunións.
Berio e Hermi na sobremesa dunha cea.
As nosas crónicas dende alí centraránse sobre todo nos contidos que ofrecen nos espazos SonarMática, Sonarama e Sónar á Carta que incluen conferencias, exposicións, proxeccións e actuacións baixo o título "O Cine Máis aló do Cine".
Vangarda e multiculturalidade protagonizan un Sónar liderado por mulleres e pola variedade estilística.
A 15ª edición do festival presenta un cartel composto por máis de 150 actuacións -entre concertos e dj´s- de artistas procedentes de 32 países.
A oferta musical do festival expándese en múltiples direccións: Sónar de Día abunda na experimentación local, o purismo electrónico e o
hip-hop de última xeración. Sónar de Noite desprega unha caleidoscópica oferta de baile -do bastardismo ao minimalismo techno, pasando polo house e o disco- combinada con ac- tuaciones estelares de Yazoo, Goldfrapp e o show exclusivo de Jamie Cullum baixo o nome de BC vs JC feat. Darren Emerson.
As áreas expositivas -SonarMática, Sonarama e Sónar á Carta- acollen diferentes mostras en torno ao pasado, o presente e o futuro das tecnolo- xías e as linguaxes cinematográficas. En Sónar á Carta e nos debates e conferencias participarán os cineastas Jonathan Caouette e Bigas Luna.
O festival inaugura Sónar Radio, un proxecto de continuidade como escenario permanente do festival durante todo o ano. Durante os tres días do festival, Sónar Radio será a conexión directa e en vivo con todos os escenarios.
que sorte que teñen algúns....
ála!!...a pasarlo bien y a ver si haceis contactillos que el videolabel los agradece también...que la programación del Auditorio del CCCB acoge durante todo el día las proyecciones de SONARCINEMA que esta que se sale......joder.....y por supuesto el sonarmática que con Future Past Cinema abre este año la caja de los sueños que fue y que siempre será el Cine...mi gran debilidad...
yo tb quería ir......!