Crónica do 19 de Xuño no Festival Sónar 2008.
Texto: Isaac Cordal
Fotos: Antía Sánchez, Berio Molina e Isaac Cordal.
Unha vez que finalizan os festivais as cifras seguen bailando, xa sen música, e as do Sónar 2008 son as seguintes: 82.000 espectadores, 441 obras e 505 artistas de 36 países. TOTAL: mantense como un Festival referente europeo.
Concertos, performances, exposicións e conferencias diseminadas por varios espazos como o CCCB, MACBA, Santa Mónica ou Fira Gran Vía.
Un apunte que debería estar no epílogo pero que o resaltamos xa para amosar o noso apoio. A estes 505 artistas desgraciadamente debemos restarlle dúas grandes ausencias: a dos 9 músicos de Konono nº1 dende a República do Congo, que quedaron en Kinshasa pola absurda burocracia relacionada cos seus visados, o cal provocou a suspensión completa da súa xira europea (o que implica que tampouco poderemos velos aquí no Festival Sinsal-Estación Verán de Vigo) e a outra gran ausente, M.I.A. por motivos de saúde.
Unha calor tremenda, para a que tod@s coincidían en sinalar como o primeiro fin de semana estival en Barcelona; poñámoslle uns trinta e tantos graos para non fallar. A maioría do público do Sónar é estranxeiro e continua sendo, a pesar de que este ano non tiña grandes nomes, unha cita obrigada na axenda cultural Internacional a pesar da crisis festivalera e guerra entre promotoras.
A variada oferta musical non implicou que o público fose del todo nómada, en plan de peregrinar dun escenario a outro, máis ben a xente tiña claro que cada espazo ofreceríalle contidos similares durante toda a velada. Isto é o que fai que dentro do propio festival os asistentes vivamos o festival de modos diferentes. Os nosos espazos, sen dúbida, forón o Sónar Hall e Sónar Complex. Aí esperábannos Pram (Domino/UK), ZX Spectrum Orchestra (Warm Circuit/UK) Pan Sonic (Mute-Blast First/FI), Matmos (Matador/US), Yellow Swans (Loade/US), Nisei vs Za (BCore-Acuarela/É), QA´A (Gràcia Territori Sonor/É) entre outros, xunto á chamada invasión xaponesa de Osaka con Bogulta (XP), DJ Scotch Egg (Loade/XP), Maruosa (Renda/XP) e Ove Naxx (Accelmuzhik/XP).
Iremos subindo a modo o material que grabamos. Os vídeos virán nunha segunda tanda.
Xoves 19 de Xuño
Chegamos bastante moídos dun palizón no tren eterno VGO-BCN. E alá fómonos a polas acreditacións de prensa. Acto seguido, atopámonos ante os primeiros sons do Sónar 2008, que para nós comezou coa actuación de Uke no Sónar Hall (usease CCCB) a iso da 13:32h. Alí estaban Roberto Martin e Laura Soriano cos seus cacharros, xoguetes, guitarra, theremin ... cunha mestura de pop con sonoridades cotiás Lofi. Un proxecto interesante co que sacaron o seu segundo Cd-Lp "s/t" (2007) en Jabalina Música.
Á hora da comida fómonos ao Raval a comer algo á beira do noso gato favorito e coa mellor compañía posible, momento de reencontros con galegos esparexidos polo mundo. Choros e Kebaps ao redor dunha mesa.
E alá fómonos a preparar as nosas cámaras, e cadernos conxelados, para retornar ao Sónar Village onde puidemos gozar dos últimos temas dos suecos Little Dragon (Peacefrog/SE) coa voz da oriental Yukimi Nagano á fronte que soaban incriblemente ben. A verdade que nos sorprenderon moitísimo e deunos moita pena non chegar antes.
www.myspace.com/yourlittledragon
Acto seguido fómonos a ver aos ingleses Pram (Domino). Unha coidada posta en escena con estrutura propia para as proxeccións: dous semiesferas a ambolos dous lados do escenario nas que se complementaba a proxección central, con todo un imaxinario de ciencia-ficción, películas en branco e negro e situacións absurdas de ensono. Todo iso dáballes un aspecto moi romántico e siniestro, doutra época. ¿Cómo definir a música de Pram?. É moi peculiar e estrana, con harmonías inquedantes e incómodas que se entrelazan con pasaxes épicas, nas que poderiamos atopar reminiscencias de bandas sonoras rusas de Artemiev e o cabaret máis delirante. Un directo moi completo que transformou por completo o espazo. No dossier do Sónar definen a a banda moi ben: " Pram é unha estraña delicadeza que sobreviviu ao paso do tempo pese e grazas á súa tremenda rareza".
Volvemos ao espazo Sónar Complex para ver a Deefried (Emilii Records /ES). A música que fan é unha mestura que recorda ao post-rock con frecuencias e pasaxes electrónicas. Melodías sutís e evocadoras. Para o meu gusto faltoulles un pouco de contundencia no seu directo. O seu primeiro disco no selo emiliirecords está a piques de saír, moi recomendable!. Podes escoitar un adianto no seu myspace.
Da escuadra Warm Circuit atopámonos co duo británico ZX Spectrum Orchestra que levaron ao extremo a súa paixón polo hardware retro e a estética 8-bits do mítico ZX Spectrum de Sinclair. Visuais pixelados e gráficos creados co mítico computador persoal, con moitos guiños humorísticos. Unha especie de revival dos clásicos do electro en baixa resolución. Soaron moi contundentes e con bo son. Recordáronme un pouco aos alemáns Bodenstaending 2000 que viramos no Blip Festival, pero cunha posta en escena seria, con gravata a modo executivos electrónicos.
Zx spectrum orchestra from alg-a on Vimeo.
http://www.warmcircuit.com/web/
www.myspace.com/zxspectrumorchestra
No noso peculiar periplo volvemos unha vez máis ao Sónar Complex para a actuación do proxecto de Miguel Marin, coñecido como Arbol. Xa tivemos oportunidade de ver un dos seus proxectos chamado "Lost and Safe" con Teresa Navarret no Teatro Ensalle de Vigo onde facía un traballo en directo moi bo. Logo de perderme a súa actuación presentando "You travelled my heart inside out" editado polo selo galegoLejos discos o Novembro pasado en Vigo, tiña ganas de ver o seu directo. En formato banda, con duas vocais, violoncelo e os visuais do austríaco Testphase, non lles axudou moito o son e o murmurio da xente para as súas composicións delicadas e cheas de mátices, soaba demasiado lonxe, demasiado íntimo ao pé de escenario. Foi unha mágoa porque as composicións e os visuais son realmente incribles. Quizais foi un concerto que funcionaría millor en Santa Mónica. Esperaremos o seguinte.
Pan Sonic dúo formado polos finlandeses Mika Vainio e Ilpo Väisänen pechaban un dos escenarios do primeiro día. En maio de 2006 puidemos velos nunha actuación no MARCO organizado por Sinsal. Unha actuación que a medida que pasaba perdía forza e ata resultaba previsible, debido a esa relación estraña que manteñen ambos: cada un limitábase a realizar a súa parte convertendo o set nunha especie de partida de ping pong. Ese recordo repetiuse no Sónar, pero cunha crudeza brutal e cunha utilización dos recursos sonoros excelente, convertendo a súa actuación nunha propia dos grandes. Cheo total. Con eses visuais do oscilador monocromo como proba da mestura de ondas rotas, ruídos e glitches que só soan a eles. A verdade que foron do mellorcito do Sónar.
Pan Sonic from alg-a on Vimeo.