Sónar 2008. Crónica #2
martes, 1 de xullo do 2008, por Antia, Berio Molina, isaac-cordal.

Aquí tedes a crónica do segundo día no Sónar.

Antes de comezar habería que facer un pequeno comentario acerca da inxusta fama que ten o Sónar como festival de referencia na península en canto á música de "especialistas" ou que sempre pode sorprender pola novidade das súas propostas. Poida ser que a falta de programación nos dous últimos anos nunha das salas máis interesantes, como era a programación no Santa Mónica, teña parte de culpa nesta falta de interese polas creacións máis arriscadas, e poida ser que o feito de que en Galiza contemos co mellor festival de música da península, como é o festival SINSAL, nos teña tan ben educados e de feito as dúas mellores actuacións que poidemos ver este ano no Sónar xa pasaran hai dous anos polo SINSAL de Vigo, como foron a actuación de Pan Sonic e Yellow Swans (aínda que o Sónar diga no seu dossier de prensa que foi a súa primeira actuación na península).

Sónar definitivamente xa non é un festival de música avanzada e arte multimedia tal como reza o seu sobrenome, xa que a música avanzada simplemente non existe xa que non existe tal cousa como música retrasada, e a arte multimedia está totalmente deixada nun segundo ou último plano, como o demostra feitos como a escasa programación do Santa Mónica.

Unha vez feito xustiza, imos comentar as actuacións ás que fumos no segundo día do sónar.

Tara de Long:

Flash Video - 14.7 MB
Tara de Long

Tan pronto como chegamos ao Sónar nos diriximos ao CCCB para ver a actuación da Tara de Long.
Ao principio atraeunos o bo ritmo, o desparpaxo e a sencillez da súa proposta con tan só ela no escenario e unha dj que parecía alguén da organización que se encargaba de darlle tan só ao botón do seguinte tema. Pero foi a partir dunhas infortunadas frases que proclamaba cal eslogan revolucionario decindo "Barcelona Socialista" ou "Aquí podo decir palabrotas xa que estou en Europa", cando empezamos a verlle o lado "cutre" á cousa e comezamos a dar pasos para atrás ata que estabamos saíndo hacia outro escenario e outro concerto, aos Qa’a.

Qa’a:

Flash Video - 22.6 MB
Qa a

A nosa amiga Bea nos falara deste grupo, e alá fomos. Qa’a acababan de gañar o pasado off LEM, o que incrementaba as espectativas.

O concerto estivo moi ben, con dúas guitarras baixo e batería. Fixeron un set de moito ruído e moita potencia, moi limpo de son e directo. Unha delicia.

Yellow Swans

Flash Video - 21.6 MB
Yellow Swans

Logo chegou o tempo da actuación de Yellow Swans.
Os Yellow Swans fixeron a súa derradeira actuación, e notábase certa tensión emotiva que foron descargando nunha actuación que se nos fixo curta, cargada de capas e capas de ruído que ía creando unha profunda masa densa de melodías saturadas e superpostas.
A densidade era moi forte e a cantidade de efectos acumulados que xeraban unha grande complexidade melódica provocou que certa xente do público se sumira en estado de nirvana. Así aconteceu con dúas persoas que tiñamos diante, que comezaron a facer case contorsionismo e alcanzaron o punto máximo cando se puxeron a facer o pino e a andar.
Ao final os dous yellow swans sumíronse nun sentido abrazo, e todos nos quedamos cunha sonrisa na cara, por ter disfruzado dun grande concerto de ruído ben feito desta banda formada hai xa 7 anos en Portland.

Nisei vs Za

Flash Video - 13.6 MB
Nisei vs Za

O último concerto que vimos o segundo día foi o de Nisei vs Za, que unia ás dúas bandas nunha sóa con polo tanto 2 baterías, 3 guitarras, 2 baixos y voces.
Concerto cargado de adrenalina e loucura, que rematou con xente do público subida ao escenario como resposta á química que houbo entre a xente e os músicos.
Ritmos pegadizos máis experimentación, ruído e berros, unha mixtura moi resultona e que o corpo agradecía como si dunha dorga se tratase, como si a cabeza tivese os seus receptores xa preparados esperando a explosión xerada pola reacción química do ritmo co ruído.

Isto é todo dende o segundo día do sónar. Bos concertos aínda que nada sorprendentemente novedoso e inquedante. Algo do que teriamos o terceiro día co especial de Osaka.

Saúdos

Sónar 2008. Crónica #2
Tara de Long

Sónar 2008. Crónica #2
Nisei + Za

Sónar 2008. Crónica #2
Nisei + Za

Sónar 2008. Crónica #2
Qa’a

Sónar 2008. Crónica #2
alg-a + d_forma + Bea

Sónar 2008. Crónica #2
ceando

Fotos: Antía Sánchez
Texto: Berio Molina

Máis fotos sónar 2008 flickr

Maís fotos sónar 2008 picasa

Máis videos sónar 2008 vimeo

Descargar videos desta crónica:

Tara de Long
Qa’a
Yellow Swans
Nisei vs Za

Enviar comentario
Comentarios
13 de xullo do 2008 02:06, por Pedro Jiménez

hola a todos los alg-as este año he leído con retraso vuestras crónicas del Sónar pero me han vuelto a encantar y gracias también por los vídeos!!!

El apunte sobre la música avanzada y el arte multimedia en Sónar me parece muy acertado y la verdad que no es por ir contra el Sónar, si cabe cuando llega "todos" queremos ir, si no más bien que otros que hacemos cosas fuera de Barcelona se nos sea reconocido... sobre todo porque nosotros sí que mencionamos nuestras fuentes.

Ánimos y enhorabuena por la nueva web!!

15 de xullo do 2008 02:54, por Berio

Gracias Pedro.

Si hai un festival que despierte polémica, ese es el Sónar, a lo mejor porque defrauda muy facilmente, y la masa crítica no encuetra lo que va a buscar.
Hoy en dia el Sónar se parece más a un Benicassim que a un Ars Electronica. Sin que esto quiera decir que sus contenidos sean malos, y si que deberían vender otra moto.

Un abrazo.

14 de xullo do 2008 14:35, por Edu

Hey, soy de Za y me encantaría que me pasáseis la grabación de nuestro concierto! mi e-mail es eduard.pou@gmail.com

Gracias, y por cierto, nosotros también tocamos en el SINSAL con los Yellow Swans! Uno de los conciertos que recuerdo con más cariño de mi vida, de verdad.
Besos

15 de xullo do 2008 02:08, por Berio

Boas Edu,

Acabo de actualizar la crónica para que se puedan bajar los videos. Los links están hacia el final.
De todas formas el link vuestro es este:
http://www.alg-a.org/IMG/flv/niseivsza.flv

Es verdad que habiais estado en el Sinsal, lo sabía, pero al escribir la crónica se me fue el santo al cielo. Perdonad.

Un abrazo!

.