Sónar 2008. Crónica #5
xoves, 3 de xullo do 2008, por Antia, Berio Molina, isaac-cordal.

O derradeiro día do Sónar poidemos disfrutar do que chamaron Osaka Invasion, catro proxectos de música extrema dende Xapón os cales todavía atopanseen xira europea. Non estou seguro se existe a escea noise de Osaka como tal, pero hai exemplos claros da escea noise xaponesa como Merzbow, Boredoms, Optrum, Incapacitants e un longo etc. Osaka Invasion foron catro proposta: OVE-NAXX, DJ SCOTCH EGG, MARUOSA e BOGULTA das cales nos perdimos os primeiros, xa que coincidiron con Matmos.

Matmos (Matador/US)
www.myspace.com/matmos1
www.matadorrecords.com

Moita expectación para actuación do duo americano Matmos. M.C. Schmidt e Drew Daniel apareceron no escenario totalmente a escuras modulando o son por medio de duas linternas nunha especie de duelo sonoro. Acompañados dun guitarrista convidado e cunhas video proxeccións moi coidadas e integradas nas composicións; dende un rostro femenino invertido delirando sobre o son e a forza do triangulo, retroalimentacións varias ata unha cinta entrecortada cun mozo masturbandose nun momento moi Warholiano. Un dos temas que máis destacaría dos que tocaron foi unha deconstrucción dun blues con grandes dosis de improvisación na parte electrónica.


Matmos


Matmos_01

OSAKA INVASION:

Algunhas das imaxes da escea de Osaka en Catchpulse.tv amósanos unha certa idea do noise xaponés e o envoltorio de espectáculo que lles rodea. No dossier do Sónar o definen como: O son marciano da nova escola de Osaka é unha estrambótica IDM feita a base de breakcore incendiario, GameBoys modificadas e computadores levados ao límite: ruído, velocidade, actitude punk e son de 8 bits para bailar a ritmo de videoxogo

Bogulta (Xp)
http://bogulta.jp/
www.myspace.com/bogulta

Duo formado por Nani Satoshima (batería) e Syogo Yoshikawa (baixo) fixeron unha mestura de old grind core/noise cun trasfondo electrónico de composicións varias, punk, rock e electro con grandes dosis de humor e espectáculo. Moi contundentes e simpáticos.

Bogulta con Le Chanelas.

Bogulta


DJ Scotch Egg (Load/JP)

http://www.myspace.com/djscotchegg

Máximo expoñente do Chiptune (creación de música mediante consolas de videoxogos) xaponés. Unha plataforma flotante con varias consolas, mesa, un micro e un Metal zone. Break core divertido e brutal.


Dj scotch egg

Maruosa (Renda/Xp)
www.myspace.com/maruosa

Música arrolladora e voz gutural. Unha especie de Karaoke extremo, xa que a parte instrumental a levaba gravada. Moito espectáculo dun lado para outro, mezcla de ruidismo extremo, breakcore e metal. Presentou o seu derradeiro album chamado “Exercise and Hell”. Marousa e o dono do selo rendarec


Marousa

Antía e Berio traballando.

Txt: Isaac Cordal
Fotos e vídeo: Antía Sánchez e Berio Molina

Máis fotos sónar 2008 flickr

Maís fotos sónar 2008 picasa

Máis videos sónar 2008 vimeo

Comentarios
18 de xullo do 2008 05:42, por _blank

Pois eu tampouco sei se existe unha escea noise de Osaka, pero unha amiga que coñece Xapón comentoume algo que pareceume ben curioso. Resulta que Osaka é famosa por ser a cidade xaponesa de onde saen mais humoristas...

.