A área expositiva do festival amosará dúas obras do colectivo galego Escoitar.org, dúas máis do equipo responsable dos Reactable Systems e os traballos do artista británico Felix Thorn.
Por primeira vez, SonarMàtica desborda o seu histórico contexto barcelonés para sumarse á programación de Sónar Galicia.
SonarMàtica Galicia é unha mostra dalgúns dos creadores e colectivos de arte sonoro que Sónar reivindica nestes momentos e que, incluso, xa formaron parte das dalgúns dos seus proxectos recentemente. Con esta premisa, SonarMàtica Galicia desprégase coma unha exhibición a tres bandas: Galicia, Cataluña e a escena internacional.
En primeira instancia, SonarMàtica Galicia amosa o extraordinario traballo do colectivo galego Escoitar.org, activistas sonoros e recoñecidos promotores dos beneficios da innovación tecnolóxica e do valor da cooperación social.
De xeito paralelo, a exposición recala nos últimos prototipos interactivos desenvolvidos polo equipo de Reactable Systems, compañía xurdida dos programas de investigación da Universitat Pompeu Fabra e responsable da Reactable, un instrumento musical de recoñecido prestixio mundial.
Por último, a mostra comprácese en presentar a escultura sonora do artista e músico británico Felix Thorn, colaborador de Plaid e reclamado en festivais de todo o mundo, cuxa obra é un deleite para a vista e o oído, e permanece inédita no noso país.
SonarMàtica Galicia - Planta baixa EXPOCoruña (entrada):
Escoitar.org (Galicia):
Horacio González – Sonoscopio
Berio Molina – Augmented Sound
Reactable Systems (Barcelona):
Sergi Jordà, Günter Geiger, Marcos Alonso & Martin Kaltenbrunner – Reactable
Carles F. Julià – Song Explorer
Felix Thorn (Reino Unido) – Felix’s Machines
Gracias Isaquín!