Sonarmática/08----by asintomatic. Crónica #4
mércores, 2 de xullo do 2008, por Paola.

Aproveitando o paso de Biophionitos por Sonarmática aqui vos envio este pequeno resumo dos proxectos seleccionados para os que non puidechedes estar por ali.

Baixo o titulo "Future Past Cinema", a exposición presentouse como unha reflexión os refluxos do século XIX no século XX.
A idea foi expor obras avanzadas de arte interactivo que estiveran inspiradas nos primeiros inventos de creación de imaxes en movemento como son os zootropos, panoramas ou cronofotografias. Neste sentido, tódolos traballos estiveron acompanados polas máquinas orixinais nas que se inspiraron gracias a colaboración do Museu de Cinema de Girona que cedeu para eses dias parte da sua colección.

O artista Julian Oliver co seu traballo "LevelHead" propuso un xogo da memoria espacial e a realidade aumentada.
Na sua instalación o visitante utiliza un pequeno cubo de plástico como única interface. Cada unha das caras do cubo conten unha pequena habitación e todas elas estan conectadas loxicamente mediante outras portas. Nunha das habitacions, atopase un xogador que terá ir mudando de habitación hasta dar coa saida.

Marnix De Nijs presentou a complexa instalación “The Beiijun Accelerator”,unha reflexión o precario equilibrio entre a máquina, imaxen e corpo o longo do tempo e os seus efectos da aceleración da gravedade sobre os habitantes das grandes cidades. Inspirado todo o traballo na dinámica cidade de Beijing, os participantes séntanse nunha estructura metálica xiratoria e fixan a sua mirada nunha proxección de video que xira simultáneamente co asento, tendo eles como obxetivo lograr a sua sincronización para poder visualizar correctamente a imaxe.

"We are The time, We Are The Famous",foi o título do traballo do colectivo representado por Andy Cameron, no cal se reconstruía unha imaxen por secuencias nun videowall a partir do célebre estudio cronofotográfico do británico Eadweaerd Muybridge. Unha peza na que o visitante é o protagonista e pode ver sua imaxe real diante dun diptico e interactuar con ela. Unha das pantallas ralentiza desdibuxando o tempo, como se fora unha foto que esta revelando, a outra fragmenta unha secuencia de momentos conxelados como unha tira de película de celloide que parece moverse pola parede.

O uruguaioAlvaro Cassinelli ,tras o seu paso por Interactivos? Juegos de la Vision , expuso a unha curiosa peza : "Boxed-Ego", unha trampa doble para o Eu.
O espectador atópase frente unha caixa que parece conter unha copia en miniatura do espacio da exhibición. Se o visitante e suficientemente pacente, pouco a pouco podera verse materializado neste mismo espazo nunha versión tridimensional reducida de si mesmo asomándose a unha caixa mais pequena. Un xogo de maxia en toda regla.

O "FlipBook!" dixital de Juan Ospina foi un das instalacions mais divertidas e adictias desta edición.
Unha aplicación de arte relacional en forma de paxina web desenvolvido na Fabrica.
Esta animación interactiva permite a calquer persoa debuxar unha historia animada fotograma a fotograma, subila a rede e compartila online. Podedes probar aquí.

Outro traballo cheo de encanto foi o de Takashi Kawashima e o seu equipo, que sorprenderon con “Takashi’s Seasons”, unha performance en directo que combina o teatro milenario das sombras chinescas co video gracias a axuda das ferramentas informáticas.

“Stage fright” foi o título da instalación de Nova Jiang, e foi desenvolvido durante Interactivos? Juegos de la visión O que propuña era recrear unha sensación de voo combinando o movemento do visitante sentado nun columpio con imaxes sincronizadas a partir de sensores. Ainda que podia provocar mareos, este traballo tina como obxetivo a reflexión do funcionamento da percepción humana.

O artista francés Julian Maire sorprendeu coa performance “Demis-Pas” un experimento documental realizado en tempo real que tiña como argumento a vida dun humilde traballador. Cun proxector construido dun xeito caseiro por el mesmo , dun modo asombroso foi narrado con diferentes transparencias todalas historias.

E por último …."Biophionitos", un proxecto colectivo de Horacio Gonzalez, Igor Gonzalez e asintomatic *(^_^)* que propuña xerar vida artificial utilizando zootropos .
Baseándose nos principios da imaxe autoxenerativa, o visitante podíase descargar online unha aplicación e xerar unha animación dixital coa sua propia mascota virtual, imprimila e visualizala nun fenaquistiscopio.
Un traballo que foi desenvolvido durante Interactivos? Juegos de la visión e que se propon como unha reflexion os procesos de creación virtual , e se plantexa como una estratexia de comunicación educativa , respondendo todo o proxecto o concepto D.I.Y.

Enviar comentario .