Sonic Weapons de Escoitar.org
domingo, 24 de xaneiro do 2010, por Berio Molina.

O colectivo Escoitar.org, da man de Juan Gil e Chiu Longina, vén de publicar Sonic Weapons no netlabel alg-a.

alg052 - Escoitar.org - Sonic Weapons

Este traballo presenta diferentes usos, desenvolvementos e tecnoloxías centradas no SON para exercer control social e poder. A peza fai un acercamento conceptual a este tema a través de audio-citas e outras formas de documentación que analizan o impacto e efecto destas tecnoloxías, así como os seus usos e abusos. A través do formato da micro-historia ou o docudrama, este traballo contribúe á análise dos efectos do son na existencia humana, permitindo unha análise crítica deste fenómeno.

Ficha:
Título: “Sonic Weapons”
Dirección: Escoitar.org
Producción: Juan-Gil López, Chiu Longina
Comisionado por: Radio Nacional de España (Radio2) e Ars Acustica International (European Broadcasting Union EBU).
Ferramenta: Pure Data Software
Duración: 00:20:00
Realización: 2009
Formato: Audio

Sonic Weapons de Escoitar.org

Sonic Weapons de Escoitar.org

Enviar comentario