Sony PS3Eye cam e as multitouch
domingo, 8 de marzo do 2009, por Berio Molina.

Nestes dias decubrín no foro de Openframeworks un post (publicado en outubro do ano pasado), no que se falaba dunha camara que daba unhas prestacións moi boas a un prezo moi acesible. En pouco tempo o post adquiriu unha dimensión importante ao ter un total de 121 respostas, debido en parte, a que as súas características técnicas a convirten na cámara perfecta para crear superficies multitouch.
No post falan do seu hackeo para que poida ser empregada cos ordenadores, hackeo feito basicamente polo NUI group

A cámara en cuestión é a Sony PS3Eye, que tal como pasara coa wii, vén do mundo dos videoxogos e pode convertirse nunha das interfaces físicas máis importantes á hora de construír instalacións interactivas.

PS3Eye
PS3Eye

Aquí tedes as súas características:
4 channel audio input:16 bits/channel, 48kHz, SNR 90db
56º or 75º Field of View zoom lens
2.1 F-stop, <1% distortion, fixed focus (25cm to 8 at 75º FOV)
640 x 480 at 60 frames/second
320 x 240 at 120 frames/second
USB.0 high-speed data transfer
Uncompressed video or optional JPEG compression

O que rápidamente chama a atención son os seus 120 frames por segundo! a resolución baixa, sen duda unha xoia para as multitouch donde unha cámara ten que ser o suficiente rápida para poder seguir os espasmódicos movementos da man.

E o que aínda chama máis a atención é o seu prezo: 40 dólares! (aquí)

PS3Eye
PS3Eye

.