A versión número dous de SPIP saíu á rúa hoxe venres 12 de novembro.
SPIP, como moitos de vós sabedes, é o programa que empregamos para facer páxinas web dende a comunidade alg-a, e é tamén o software que empregamos no proxecto de escoitar.org.
Benvido SPIP 2.0!
Para baixalo aquí:
http://www.spip.net/fr_download
A evolución do programa está explicada no seguinte artigo:
http://www.spip.net/fr_article3784.html (en Francés)
Algunhas introduccións chamativas:
+ Traducción ao asturiano, burmesino, camboiano, indonesio e sueco.
+ Emprego de AJAX na interface provada
+ Interface de programación SQL (MySQL, PostGres, SQLite)
+ Novos formularios para o sitio público e privado.
+ Melloras na interfaces dos documentos e foros (que agora tamén permiten adxuntar documentos).
+ Lectura de varias bases de datos dende un mesmo esqueleto (moi boa novidade!).
+ Paxinación en AJAX
+ É posible escribir por URL a árbore da ruta ao artigo (http://www.example.com/secteur/rubrique1/rubrique2/article).
+ Compresión automática dos CSS e os javascript.
+ Mellora no sistema de plugins e instalación automática
+ ...
Máis información sobre todas as novedades na seguinte ligazón
Comezaremos a testealo e pronto estará funcionando na páxina de alg-a.
Apertas!