Sr. Pause e Asociados
O señor Pause, xunto co seu secretario e colaborador Roi Fernández, son proxeccionistas belga-galaicos. Editores a tempo real, actividade chamada Live Cinema por algúns, show eléctrico por outros, gustan de inexplicables combinacións de disciplinas: as autoproclamadas “Accións de ferrado”. Estas actividades leváronnos a percorrer extrañas cidades como Barcelona, Edinburgo, Sevilla, Londres, Vigo ou Colonia.
Pouco se sabe do Sr. Pause, a causa do seu traballo na soidade e oscuridá da sala de proxeccións. Do seu fel axudante, Roi fernández, coñecemos os estudos en Belas Artes, Arte Dramático e Sistemas Multimedia, os seus traballos de ilustrador, net-art, performance e teatro experimental, videocreación e animación, así como membro fundador do colectivo de Arte e acción Livre ALG-A.ORG
O seu último proxecto en proceso é o filmedocumental sobre migracións e cultura: Balor [a little Galician accent but good].
+info: