Fai uns días escribía sobre o lanzamento de Google Art Project. Pois ben, a mesma tecnoloxía noutras mans, Google street view, utilízase para documentar a arte do exterior, murais e graffitis.
Red Bull - Get The Fuck Out Of Street Art
Este é un mashup colaborativo, que se fai chamar Red Bull Street Art View, e como o seu nome indica (mágoa que unha marca comercial capitalice esta proposta) consiste en situar no mapa obras relacionadas co Street art. Creo que resulta interesante en vésperas de viaxar a algunha das cidades e localizar estes lugares dun xeito sinxelo. Marc Schiller, de Wooster collective. comentaba no seu twitter, que hai moito tempo que na súa web non puñan as localizacións das obras para que non fosen borradas ou roubadas.
Aínda que pareza irreal, a xente segue empaquetando muros e inténtaos vender, como este de Banksy actualmente a venda en Ebay.