Yepa Algas!
aquí van as instruccións para subir audio a mediateca archive.org.
1º.- rexistrarse como usuario aquí:
http://www.archive.org/account/login.createaccount.php
o rexistro devolve mail para confirmación e a partir dese momento xa formas parte
da comunidade archive.org
2º.- neste link están as instruccións para subir material
cun programa FTP:
http://www.archive.org/audio/audio-contribute.php?stage=upload_info

básicamente trátase dunha conta ftp que o sistema crea automáticamente
para todos os usuarios, así, o "host adress" será sempre:
"audio-uploads.archive.org", o nome de usuario (user name) o teu mail
(co que te rexistraches) e o contrasinal o que tes para acceder como usuario
logeado de archive. Unha vez rexistrado proba a conectarte cun FTP e verás
que podes entrar no seu sitio remoto e verás que non hai absolutamente
nada no sitio.
3º.- CREAS UNHA CARPETA NESE SITIO FTP CO NOME DO TRABALLO QUE QUEIRAS
SUBIR, É DICIR, NEW FOLDER E POSLLE DE NOME O QUE CHE APETEZA (NON IMPORTA
O NOME PORQUE MÁIS ADIANTE PODES CAMBIAR TODO, É SIMPLEMENTE PARA
QUE O SISTEMA VEXA QUE HAI UN USUARIO QUE CREOU UNA CARPETA).
XA PODES SUBIR AGORA TODO O MATERIAL QUE QUEIRAS, DE MOMENTO SO SE PODE SUBIR
AUDIO EN FORMATO MP3 OU IMAXES EN FORMATO JPG (EN POUCO TEMPO PODERANSE SUBIR
TXTS EN PDF E .DOC). O MELLOR É QUE SUBAS OS MP3 DE 192Kbs, QUE É
O QUE SE CONSIDERA ALTA CALIDADE EN ARCHIVE.ORG E DESPOIS O SISTEMA REMOTO XA
SE ENCARGA AUTOMATICAMENTE DE PARTILOS EN CALIDADES MENORES PARA USUARIOS CON
CENEXIÓNS LENTAS.
4º.- Con todo o material xa subido polo FTP e no teu servidor (o que che
asigna archive cos teus datos de rexistro), picas neste link e vas ó
principio do sistema para validar o material que acabas de enviar:
http://www.archive.org/audio/collection.php?collection=opensource_audio
verás a seguinte PANTALLA e como di a flecha, picas en "import your
uploads"
ó picar neste link, o sistema remoto vai ó teu sitio FTP e mira si hai carpetas
con contido ou sin él, cando atopa unha carpeta aparece a seguinte pantalla (eu
acabo de facer unha carpeta para esta demo que se chama "sushipara41" e agora
verás na pantalla o que sae (tes que ter música a 192 subida nesa carpeta, no
meu caso é o traballo para o museo do mar, que estou subindo agora mesmo):

TES QUE PICAR NO BOTÓN AZUL (Import Recording) para empezar a definir
e documentar o que vas a colgar na rede. ó darlle a este botón
aparece a seguinte pantalla:
1: para aceptar as condicións.
2: para elexir o tipo de licencia que queres para a túa obra (A FOTO QUE VAI ABAIXO
É SOBRE A FIESTRA QUE SE ABRE PARA ELEXIR LICENCIA. EU SEMPRE ESCOLLO A QUE VES
NA FOTO OU O DOMINIO PUBLICO).
3: o título que aparecerá publicamente (o que aparece na casilla
"Collection ID" é o nome da carpeta que subiches co FTP e non
aparecerá publicamente)
4: dia hora e ano en que subes o traballo (o normal é poñer a fecha actual, pero
podes poñer o que queiras excepto futuro, o formato é o anglosajón: ano/mes/dia
hora).
5: máis abaixo do que aparece nesta foto verás un link para ordear que non faga
derivacións (que non xenere automáticamente arquivos a 64kbs ou .ogg, esta deixaa
como está sen marcar, porque che interesa que faga derivacións para usuarios con
conexións lentas).

UNHA VEZ FEITO O ANTERIOR (ACEPTADO) PASAS Á SEGUINTE PANTALLA, NA QUE APARECE
UN LINK QUE TES QUE TOCAR "describe the files" para ir a unha pantalla flotante
que te permitirá poñer en orden as cancións, darlle título e autor si non tiveran
(os metatags dos mp3) e validar finalmente a obra.
E XA REMATACHES. AGORA A ESPERAR A QUE O TRIBUNAL DECIDA SI É PUBLICABLE
A TÚA OBRA, PARA SABER EN QUE FASE ESTÁ, VAS Á SEGUINTE
DIRECCIÓN (importante, tes que ir logeado):
http://www.archive.org/audio/collection.php?collection=opensource_audio
e picas onde ves a flecha "The Contribution Center", deste xeito verás como vai
a cousa.
Eu por exemplo acabo de publicar o sushi para 4 e cando pico alí aparece a seguinte
pantalla: (que o que ven a decir, é que está todo correcto e nese momento estanse
facendo as derivación, en caso de que deixaras sin marcar aquelo que che comentei
de "non facelas". Dentro dunha hora aparecerá algo parecido a "están feitas as
derivacións e o traballo está á espera da decisión do tribunal e bla, bla, bla..."

Rematei. Pásalle este mail a todo quisqui e a subir musique.
Un abrazo.
chiu
|