O SummerLAB é un evento participativo, unha oportunidade para traballar
xuntos na frescura estival de Asturias. A súa organización reproduce
o modo no que o /software/ libre é desenvolvido - non hai xerarquía,
tan só a creación dun contexto onde o desexo libre e a axuda
mutua flúen ao servizo da creación
O programa consiste en talleres, presentacións, /performances/, e
outras actividades propostas e organizadas polos propios participantes
desde a construción de instrumentos de música, o desenvolvemento dun
/LiveCD/, ata talleres sobre técnicas de /Streaming/ ou presentacións
de contornas de desenvolvemento para proxectos multimedia como /OpenFrameworks/
A semana pechará cunha vibrante /Jam/ /AValgoritmika/ - música e
vídeo en vivo.
A participación é libre e gratuíta. Só hai que inscribirse enviando
un e-mail a lituz@hangar.org indicando o teu/s
área/s de interese, se queres colaborar e de que forma, impartindo un
taller ou propondo unha actividade, ou simplemente participando como
público ou alumno
PARTICIPANTES:
Lluis Gómez i Bigorda, Clara Boj, Lluis Carbonell, David Cuartielles,
Diego Díaz, Diego Rodríguez Gómez, Miguel de las Heras,
Enrique Hurtado, Gerald Kogler, Jay, Sergi Lario, Eloi Maduell, Oscar
Martin, Mia Makela, Xavi Manzanares, Valentina Messeri, Sergio Moreno,
Tatiana de la O, Julian Oliver, Claudia Ossandón, Marta Paz, David
Pello, Alejandra Pérez, Alex Posada, Pablo de Soto, Chris Sugrue,
Enrique Tomás, Santi Vilanova, Lilia Villafuerte, Marcos Yarza
via: Hangar