Obradoiro de Introducción a Super Collider impartido por Francisco J. Álvarez.
Unha rápida (orientada, sobre todo, o aspecto práctico) inmersión no programa escribindo teu propio código e facendo soar dende o primeiro día...un obradoiro centrado no verdadeiro poder de SC a sintesis e o procesado de audio en tempo real.
Non é preciso ter coñecemento previo de este ou outro tipo de programas de audio.
Tampouco son precisos coñecementos de programación ou musicais .
Sábados 17 e 24 de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
25 Prazas en orden de inscripción
Curso de iniciación a SuperCollider
Introdución
1. Que é SuperCollider.
SuperCollider é un entorno de programación enfocado ao proceso de audio, síntesis (audio e gráficos vectoriais) e composición algorítmica en tempo real. Sendo unha linguaxe de programación dinámica, SuperCollider pode ser usado para “live coding”, “performances” en que se escribe, modifica e executa código en directo (”on-the-fly”, ”ao voo”). Desenvolto orixinalmente por James McCartney (1996-2002, soamente dispoñible para MacOS), dende o ano 2002 é software libre baixo licenza GNU.
2. Breve descrición dos fundamentos do programa.
3. Versións, historia e desenvolvemento.
Obxectivos
1. Achegarse á linguaxe dunha maneira directa e sen intermediarios, evitando utilizar código alleo (na rede pódense atopar exemplos moi complexos) ou estruturas e fórmulas que non comprendamos: ”DO IT YOURSELF”.
2. Aplicación práctica da ou as aplicacións que construamos.
3. Guilllermo de Occam:“ Frustra fit per plura quod potest fieri per pauciora”
Linguaxe
1. Escribir unha linea dende unha páxina en branco e engadir parámetros de control.
2. Familiarizarse coa linguaxe. Como usar o “interpreterʼ, mensaxes de erro.
3. Polimorfismo. Diferentes formas de obter os mesmos resultados.
4. Expresións lóxicas.
Arquitectura
1. SC Server e SC Lang.
2. Definicións, xeitos de control, nodos, buses, primeiros pasos en Open Sound Control.
3. Métodos, Clases, UGens.
4. Lista e uso de UGens: osciladores, xeradores de ruído, filtros...
O son
1. Breve introdución á síntese e ao proceso de sinal en tempo real.
2. Emulación, sintetizadores virtuais vs. hardware. Osciladores e táboas.
3. Construír un sintetizador. Utilizarase como exemplo, mostrando como o mesmo esquema ou estrutura pode ser unha plantilla para desenrolar outros proxectos.
4. Como avaliar, comprender e modificar o código alleo. Partindo dun exemplo complexo, modificarase ata convertero en algo diferente.
Control e interacción
1. MIDI. Control de SuperCollider desde o exterior. Controlar un módulo de son externo desde SuperCollider
2. HID-Human Interface Devices (joysticks, gamepads...).
3. Open OSC-Open Sound Control. Como comunicarse entre programas. Networking.
4. GUI-Graphic User Interface. Como deseñaros. Dicionarios. Breve introdución á síntese gráfica en tempo real.
5. Desenvolver un interface para o sintetizador previamente construído e implementar un control externo vía MIDI ou HID. Enviar mensaxes de control entre ordeadores. Como controlar varios ordeadores en rede desde un só dispositivo (por exemplo un joystick).
6.Triggers. Control mediante un sinal de entrada.
7. Orquestación, patróns aleatorios, automatismo.
8. Jack. Como enviar audio dun programa a outro.
9. “Live coding”
Artistas en xeral que desexen familiarizarse cun medio de programación que lles permitirá crear aplicacións segundo os seus propios requirimentos e necesidades. Super Collider pode utilizarse tanto para a sintesis de audio como de imaxe, todo iso en tempo real e con múltiples posibilidades de interacción con outros programas e dispositivos
SuperCollider é software libre. Existen versións para Mac VOS, GNU/Linux, Windows e FreeBSD. Poden descargarse gratuitamente en sourceforge.net.
http://supercollider.sourceforge.net/
Non é necesrio o coñecemento previo deste ou outro tipo de programas de audio.
Tampouco son necesarios coñecementos de programación ou musicais.
Requisitos dos participantes:
Os participantes teñen que achegar o seu ordeador persoal.
Acudir co programa programa instalado
Auriculares
OPCINONAL - controlador exteno: MIDI ou OSC, HID (joysticks, gamepads...), etc...
Requisitos para os participantes
Ordeador personal, co programa previamente instalado. SuperCollider é
software libre, e conta con versiones para Mac OS, GNU/Linux, Windows e FreeBSD.
Poden
descargarse gratuitamente en:
http://supercollider.sourceforge.net/
Tamén serán precisos uns auriculares.
Opcionalmente, poden aportarse controladores
externos (MIDI u OSC) e toda clase de dispositivos HID (joysticks, gamepads...).
Datas
Sábado 17 de xullo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Sábado 24 de xullo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Performance do activista sonoro Joaquín Lana + Concerto de
Laptop Orchestra (formada por todos os alumnos que se presten):
Venres 30 de xullo, 21:00 horas
Prazas
Un máximo de 25, asignadas por riguroso orden de inscripción.
O prezo da matrícula é de 25 euros