THETRENDNET
martes, 3 de novembro do 2009, por Paola.

Thetrendnet e unha comunidade online na cal podes atopar novas e articulos relacionados coa tecnoloxia, deseno ou iniciativas socias entre outras.
Baixo un manifesto no cal a Rede e declarada como medio de expresion para todos, podedes disfrutar de contidos de calidade sobre as tendencias mais actuais do momento.

Aqui vos deixo un dedicado o Internet Archive :

INTERNET ARCHIVE. Tal y como éramos
por Laura Garcia Barrio

Que pasa cando unha páxina web descólgase ou se redeseña? Onde van parar as páxinas web que pasan a mellor vida?

Do mesmo xeito que as bibliotecas conservan publicacións en papel e algún material audiovisual para a posteridade, hai unha institución que se propuxo conservar os materiais da era dixital.

A Internet Arquive é unha organización sen ánimo de lucro que se fundou para construír unha biblioteca de Internet e materiais ’nados dixitais’. A chamada Wayback Machine é a ferramenta que ofrece acceso público a páxinas web gardadas desde 1996.

Lycos, Altavista, Tripod, Geocities, os primeiros portais, os primeiros servizos de correo web ou diarios online... todos quedan retratados nesta viaxe polo pasado recente. Lembra como eran estas páxinas web, cando empezaron ou cando cesaron a través desta ferramenta.

En Internet Arquive tamén conservan películas, vídeos, gravacións de son, textos e até software de hai uns anos. Debuxos animados dos 30 e 40, machinima, documentais sobre BBS e software da libraría Tucows consérvanse neste gran arquivo xestionado desde O Presidio de San Francisco. Un antigo forte español do século XVIII como bastión da memoria da era dixital.

via: Thetrendnet

.