Taller Pure Data + Minitronics no Alg-a Lab
domingo, 18 de agosto do 2013, por madamme.

Neste workshop introduciremos as "palabras" e principios básicos que nos permitirán comezar con calquera proxecto de audio e vídeo, mostrarei "abstraccións" que nos facilitarán moito o traballo, revisaremos o dicionario que contén todos os obxectos actuais de Puredata, e pasaremos por último á interacción con sensores ,mediante a placa MINITRONICS e a integración dos patches noutros proxectos.

:: ONDE: Alg-a Lab/Valadares:

:: CANDO: 19-20-21 SETEMBRO ( 11.30-14.30 / 17.00-20.00)

:: PREZO: 40 € / 32 € soci@s

:: IMPARTE: Servando Barreiro
http://servando.hotglue.me/

:: INSCRIPCIÓN:
http://www.oteatroresoante.es/otrosarchivos/inscripcion_minitronics.pdf

:: CÓMO CHEGAR:
http://algalab.weebly.com/coacutemo-chegar.html

:: + INFO:
http://algalab.weebly.com/workshop-minitronics.html

Puredata é unha linguaxe open-source de programación gráfica orientada basicamente á creación e manipulación de audío e gráficos en tempo real. Tipicamente utilízase para sintetizar son, crear música, controlar máquinas, integrar sensores nun proxecto de audío, xerar gráficos, facer proxeccións, mapping, computer-vision, etc.
Máis cun típico programa de edición de audio ou vídeo, Pure Data ten a particularidade de poder ler e manexar datos provintes de fontes externas ao computador, a través por exemplo de sensores (luz, humidade, electromagnéticos, presión, acelerómetros, etc) ademais da posibilidade de comunicarse en tempo real con outros ordenadores mediante unha rede WiFi, por medio do protocolo OSC.

Outra particularidade deste entorno de programación é a de poder construir dende o propio software sintetizadores, xeradores de imaxe e cor, así como os teus propios programas de edición de audio ou video..

As súas posibilidades de combinatoria son practicamente infinitas, tendo a posibilidade de compoñer patches de grande complexidade técnica como asemade conseguir efectos sorprendentes e orixinais dun xeito relativamente sinxelo e sen necesidade de saber programar código.

Outra característica importante deste entorno é, como todo o software libre, que o código é aberto, tendo a posibilidade de integrar partes doutros patches xa construidos no teu propio proxecto e viceversa, subir e compartir co resto da comunidade PD as túas propias creacións, facilitándose deste xeito o acceso a un gran fluxo de coñecemento sobre este programa que non cesa de medrar.

Algunhas aplicacións posibles:

:: crear un sintetizador virtual

:: crear un xerador de imáxes, formas e cores para manipular en tempo real

:: procesar son e gráficos en tempo real

:: integrar datos provintes do entornon (plantas, animais, campos electromagnéticos) nunha performance

:: crear programas personalizados para Vjing, live cinema etc

:: integrar datos do corpo ou do espazo ou do público para interaccionar nunha performance de danza

:: xestionar unha performance colectiva dende varios espazos simultáneos

.