Dar un paseo, tirar unha pedra, cortarse con cuchillas, non facer nada, entrar en trance, cheirar café, romper un piano, mirar á cámara, encadearse a un museo, rumorear obscenidades, soltar bolboretas, cambiar de sexo, bailar pegados, non deixar pegadas, plantar piñeiros, meterse nun buraco.
Un percorrido a través de diferentes manifestacións da arte de acción.
cabaret, dadá, concertos, fluxus, silencios, zaj, body, art, happenings, activismo e acción, performance e espectáculo, arte de acción e novas tecnoloxías.
A partir de exercicios prácticos achegarémonos á arte de acción desde as súas diferentes formas de expresión. Estes traballos serán completados con textos e material audiovisual dos artistas máis representativos.
Coa colaboración e intervención de Nieves Correa, Bartolomé Ferrando, Olga Mesa, Pepe Murciego e Oscar Mora.
Dirixido por Nilo Gallego.
Fonte: los lirios del bosque