Tempelhof Berg
xoves, 19 de novembro do 2009, por Zynisch.
categorías: Creacións

Xa fai un ano dende que o aeroporto de Tempelhof, en Berlín, pechou as súas portas. Tempelhof foi un dos aeroportos máis antigos e emblemáticos do mundo, "a nai de todos os aeroportos", o aeroporto onde naceu a "ponte aérea" dos aliados. Pola súa terminal, un dos edificios máis grandes do mundo, teñen pasado algunhas das meirandes personalidades do século, e tamén algunhas das máis infames. Mais agora que pechou, o seu futuro é incerto e non se coñece o uso que lle dará a este espazo xigante situado practicamente no centro de Berlín.

No concurso de ideas que se desenvolveu tralo seu peche, o arquitecto Jakob Tigges presentou unha proposta irónica e subversiva para transformar Tempelhof nunha montaña: The Berg. A súa proposta imposible quere chamar a atención acerca da relación dos cidadáns cos elementos identitarios da súa cidade e, ao mesmo tempo, protestar contra a política urbanística que se está a desenvolver en Berlín nos últimos anos, que califica como carente de ideas, de fantasía e de transparencia.

Manifesto "Mientras que grandes y ricas urbes de todo el mundo sondean los límites de la arquitectura edificando gigantescos hoteles con formas fantásticas, erigiendo altísimos rascacielos para oficinas y construyendo templos filarmónicos que parecen flotar sobre el agua, Berlín quiere tener una montaña. A Berlín no le ha hecho falta construirla para poseerla. Simplemente, la ha dibujado. Tan alta y bella como para que cualquiera pueda disfrutar de su existencia. Su cumbre supera los 1.000 metros de altura y está cubierta de nieve entre septiembre y marzo… [...] ¡Venid a ver The Berg!"

Enviar comentario
Categorías
Zynisch