Festival de arte no convencional, guerrilla da comunicación, entretenemento radical.

14 - 15 - 16 de Abril 2011
Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (Catalunya, España)

The Influencers é un festival adicado a experimentos creativos que atravesan a arte, a comunicación e o activismo cun obxectivo común: descubrir novas formas de transmitir ideas, contar historias, realizar soños colectivos. Faino fóra da industria do entretemento, nas augas axitadas dun novo underground global.

Na sétima edición do festival The Influencers presenta super héroes populares, artistas que adoptaron o nome dun primeiro ministro, ferramentas para "suicidarse" das redes sociais, o ganchillo como arma de guerrilla cultural global, falsas noticias que desvelan o negocio da fama, performances que a través da tecnoloxía cuestionan a nosa relación coa violencia de guerras afastadas.

Os protagonistas
Jeff Stark (http://jeffstark.org)
Janez Janša (http://www.aksioma.org/jj)
Suicide Machine (http://suicidemachine.org)
Chris Atkins (http://www.starsuckersmovie.com)
Cat Mazza (http://www.microrevolt.org)
Wafaa Bilal (http://wafaabilal.com)
y SuperBarrio

Información e actualizacións
Publicaremos actualizacións sobre el programa e outra información en Twitter (#theinfluencers) e en Facebook.

Notas de prensa y otros materiales: http://theinfluencers.org/press

Se non eres de Barcelona e necesitas axuda para atopar aloxamento barato, escríbenos (i arroba theinfluencers punto org).

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal