Threadless.com. A rede social das camisolas
mércores, 26 de marzo do 2008, por Berio Molina.
categorías: Internet

Dende a sempre máis que recomentable web de bandua.net (Saúdos), enterámonos de threadless.com, unha rede social adicada ao deseño e á venta de camisolas.

En palabras de Bandua.net:
"Threadless.com fundouse no ano 2000 como un negocio de comercialización de camisolas, coa particularidade de que os usuarios podían enviar os seus propios deseños. O mellores deseños son recoñecidos por votación e producidos. Os seus autores son remunerdos por iso. En conxunto, Thredless forma unha rede social que o mesmo é utilizada para seleccionar os deseños que terán éxito no mercado que para estimar as vendas dos produtos."


un dos moitos deseños de camisolas que se poden atopar en threadless.com

Enviar comentario
Comentarios
27 de marzo do 2008 05:57, por nautile

Saudos! meu, obrigado pola referencia.

Apertas para toda a tropa sonora e gráfica, se vos segue de perto, como nom! nom se podem perder de vista os projectos de quem aposta como vos apostades, esses som os que pagam a pena ;)

Beijinhos e muitos parabéns.

28 de marzo do 2008 02:43, por isaac

Saudos Nautile,
A verdade que hai tempo que non quedamos. Molaba no verán facer unha merienda e vernos tod@s.
Aperta grande grande e tamén, xa o sabes, é un pracer!

31 de marzo do 2008 16:45, por nautile

Umha aperta meu, habémo-nos de ver logo, a cousa pinta sabrosa :)

Categorías
Berio Molina