Topografías do abandono.
martes, 27 de febreiro do 2007, por isaac-cordal.

O documental Topografías do abandono de alg-a.org xa na rede.

Unha reflexión crítica sobre os espacios abandoados e a nosa necesidade dun laboratorio de creación físico.

“O cable fixo un emocionante percorrido por xardíns de veciños, baixos de coches aparcados, toxos e ramalla variada, ata topar cun furado no ladrillo que tapiaba a fiestra da nave principal. Por ese furado entrou a luz. a primeira luz artificial en moito tempo que viu aquel espazo foi o led do proxector.

A eso das 6 da tarde comezaron a chegar os primeiros visitantes. un pouco máis tarde proxectábase o documental "Topografías do abandono", un filme que fai un mapa dos espazos abandoados nas poboacións galegas (neste caso, Vigo), xunto cunha acción alg-a reivindicando un lugar físico de creación colectiva, e rematando cunha entrevista que lle fixemos ó arquitecto e artista Santiago Cirugeda [en breve, poderedes ve-lo video en alg-a.org]. Lugares abandoados proxectados sobre as paredes húmidas e mohosas doutro espazo ex-abandoado.”

Título: Topografías do Abandono
Dirección: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns
Edición / postproducción: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns
Cámaras: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns, Berio Molina Quiroga.
Voces off: Antía Sánchez Alonso, Natasha Crofton.
Música: Madame Cell

Topografias do abandono.

e descargar:

Topografias do abandono.
Comentarios
27 de febreiro do 2007 16:06, por berio

Moi ben o documental.

28 de febreiro do 2007 07:05, por Antia

Quería felicitar moi profundamente a Isaac e Roi polo documental(gústame moito) e polo esforzo invertido xa que penso que ten un traballo de moitas horas que moitas veces descoñecemos.
E por cero...a musica é de Madam Cell so? Parabens tamén.

1 de marzo do 2007 01:06

en internet explorer 6 non se ve?

1 de marzo do 2007 01:46, por berio

Pois non o sei porque non o teño e non o podo instalar. De todas formas mirarémolo nestes dias.

Internet Explorer non cumpre os estándares de deseño de páxinas web, polo que moitas páxinas non se ven como deberían nese explorador, entre elas alg-a. O normal é facer un deseño para o resto dos navegadores, e un especial para internet explorer, polo que xeralmente a xente acaba facendo 2 páxinas webs nunha.

Dende alg-a recomendamos non empregar Internet explorer por non seguir as normas, senón outros exploradores como Firefox, Opera, Safari, etc...

Unha aperta!

.