Touched echo por Markus Kison.
venres, 19 de decembro do 2008, por isaac-cordal.

"Touched echo" é unha interesante intervención sonora realizada polo artista alemán Markus Kison nun espazo público. Os visitantes da Terraza do Brühl (Dresde, Alemaña) son trasladados no tempo á noite do terrible ataque aéreo que este lugar sufriu o 13 de Febreiro de 1945. Para facerse unha idea de como quedou a cidade clicka aquí. No seu papel como performers o público ponse a si mesmo no lugar daquelas persoas que se tapaban as orellas do ruído das explosións. Ao inclinarse na balaustrada o son dos avións e as explosións é transmitido pola vibración a través dos ósos do brazo directamente no oído por medio duns pequenos dispositivos colocados no pé da balaustrada.



touched echo from Markus Kison on Vimeo.

Outro traballo moi interesante deste artista é a especie de corazón arrítmico que forma parte da súa instalación Pulse.

.