Touchkid. O DIY das multitouch
venres, 19 de setembro do 2008, por Berio Molina.

Estes dias (e durante o que queda de curso) estiven enfrascado en proxectos multitouch, coa idea de aprender a facer un. Nesa búsqueda de referentes que permitan unha relativa fácil elaboración da interface, sobresae o proxecto chamado TouchKit.

Touchkid. O DIY das multitouch

TouchKit é un proxecto realizado por Nortd, un estudio de investigación e desenvolvemento afincado tanto en Nova Iorque como en Austria, e baixo o soporte do Eyebeam Atelier.
TouchKit é un kit multitouch modular coa intención de facer a tecnoloxía multitouch posible baixo as ideas do open source. É unha irmá pequena do tamén proxecto multitouch CUBIT desenvolto polo mesmo estudio e que facilita a súa adaptación a varios proxectos que requiren multitouch.

Touchkid. O DIY das multitouch

O TouchKit está composto de compoñentes hardware e software. Para ambos dende a páxina de nortd teñen tutoriais para construír o prototipo e o código preciso para que funcione, que está escrito coa librería OpenFrameworks.


TouchKit Version 2.0 from stefanix on Vimeo.

Touchkid. O DIY das multitouch
Enviar comentario
Categorías
Berio Molina