Trac instalado no servidor de alg-a
domingo, 21 de setembro do 2008, por Berio Molina.

Estes dias estivemos instalando un sistema Trac en alg-a. Esta nova ferramenta vai a posibilitar o desenvolvemento de diferentes proxectos entre a xente que queira estar implicada.
Para os que non sepades o que fai un Trac, basicamente é crear un historial de modificación de arquivos, de forma de que sexa fácil saber o que as demáis persoas están facendo en relación a uns arquivos cos que todos están traballando.

trac.alg-a.org

De momento só temos ubicados os arquivos que se encargan do deseño de alg-a, os chamados esqueletos que emprega Spip, o noso sistema CMS.
A medida que vaian surxindo máis proxectos nos que se precise o desenvolvemento de código, estes serán postos no Trac de alg-a.

Si alguén quere desenvolver conxuntamente os esqueletos de alg-a, máis outros proxectos que vaian surxindo, que se poñan en contacto no seguinte enderezo, simplemente o que fai falla é saber manexarse con svn:

berio[at]alg-a.org

Tamén estivemos instalando un Trac en Escoitar, donde estamos poñendo tanto os esqueletos da páxina como outros proxectos que estamos desenvolvendo:

trac.escoitar.org

Trac instalado no servidor de alg-a
Enviar comentario
Comentarios
21 de setembro do 2008 08:35, por isaac

Muito ben berio, mola mil!

22 de setembro do 2008 04:15, por nela

vou leer mais do tema....ten boa pinta...

que guachi berio

un bico