Tranxénicos na Casa da Xuventude
sábado, 23 de xaneiro do 2010, por Durán Vázquez.

A organización Greenpeace ocupa ata o día 29 deste mes de xaneiro, o espacio expositivo da Casa da Xuventude de Vigo.

Quero animar a toda persoa que teña oportunidade e descoñeza o tema do control dos alimentos, para que visite esta exposición. Trátase duns taboleiros informativos onde de xeito moi resumido abórdanse os diferentes aspectos sobre o asunto da biotecnoloxía, a produción de sementes, os efectos colaterais e as grandes compañías que argallan este asunto para facerse co monopolio da produción alimentaria. Ademais tamén pódese botar man dalgúns folletos informativos nos que se amplía a información.

Aquí tedes un enlace para a páxina de Xuventude con datos precisos:
http://www.xuventudevigo.org/BIX/?p=7009

Seguindo co asunto, aproveito para recomendar os capítulos 12 a 16 do meu programa Radio Mil Colinas, dispoñibles na seguinte lista de podcast:
http://archive.radiozero.pt/radiomilcolinas.xml

Durán Vázquez_____________

Tranxénicos na Casa da Xuventude
Enviar comentario
Categorías
Durán Vázquez