DO CONTIDO AO CONTEXTO, DA OBSERVACIÓN Á ACCIÓN CANLES E ALGUNHAS CLAVES PARA ACHEGARSE Á PRODUCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA
Chiu Longina

Texto de Chiu Longina publicado no libro Espazodocumental.net, editado polo CGAC no 2008. A reflexión de Longina versa na problemática dos modelos de produción actuais relacionados co mundo da Arte, a situación do creador contemporáneo, a política e a sociedade.

Baixar txt en galego

Máis info sobre esta publicación aquí.

PDF en castelán.

Estracto do txt.

DO CONTIDO AO CONTEXTO, DA OBSERVACIÓN Á ACCIÓN CANLES E ALGUNHAS CLAVES PARA ACHEGARSE Á PRODUCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA
Chiu Longina

NON SOMOS artistas, tampouco, por suposto, «críticos». Somos produtores, xente que produce.
Tampouco somos autores, pensamos que calquera idea de autoría quedou desbordada pola lóxica
de circulación das ideas nas sociedades contemporáneas. Incluso cando nos autodescribimos como
produtores sentimos a necesidade de facer unha puntualización: somos produtores, si, pero tamén
somos produtos(1).

Con esta contundente declaración encabeza este grupo de artistas o seu manifestó
Redefinición das prácticas artísticas, s. 21, do que me servirei neste texto para ofrecer algunhas
claves que axuden a entrever aspectos da produción artística contemporánea, quizáis (e por
moitos motivos que máis adiante veremos) pouco visibles.
Un achegamento á concepción da realidade actual na produción artística debe incluir, polo
menos, un repaso dos aspectos que lle afectan tratando de entender a produción como un
elemento máis dun todo que chamarei «producin cultural significante» (saíndo intencionadamente
dos límites do mundo da arte). Para lograr esta visión en perspectiva, tratarei de relacionar e
«facer falar», por un lado, feitos observados na miña condición de artista en activo, e por outro
(como profesional do social), describindo analiticamente algúns textos e ensaios de autores que,
na miña opinión, sintonizan con este tempo. Todo iso coa intención de aproximarme á
comprensión do funcionamentó da produción artística na actualidade. Fareino traballando con
ideas que xa están circulando no espazo cultural; como diría Nicolás Bourriaud, «xa informadas
por outros». Non vou crear nada orixinal a partir da nada, senón que exercerei dunha sorte de dj
de ideas para presentar unha análise cargada de ideoloxía e herdeira dunha experiencia persoal
co mundo da arte.

Contido da miña maleta de ideas

Autores: Pedro Jiménez, Clemente Padín, José Luis de Vicente, La Société Anonyme, Nicolás
Bourriaud, Janet Wolff, Néstor García Canclini, Gianfranco Bettetini, Francesco Poli, Bea Espejo,
Arturo/Fito Rodríguez Bornaetxea, Natxo Rodríguez, María Ruido, Jaron Rowan, Rosa Olivares,
José Luis Brea, Feliz Fanés, Patricia Molins, Andrea Giunta, Eduardo Subirats, Brian Holmes,
Tilomas Mann, Laura Baigorri, Karla Brunet, Kim Cascone, David Casacuberta, Jorge Cortell, Adolfo
Estalella, Lourdes Méndez, Jacques Maquet, Marshall McLuhan, Bruce R. Powers, Joan Mayans i
Planells, Jesús Carrillo, Manuel Castells, John Perry Barlow, Berio Molina, Jean Baudrillard, Llorenç
Barber, Roy Ascott, Traficantes de Sueños, Claudia Giannetti, Lola Dopico, Jürgen Habermas, José
Luis Marzo, Pedro Garhel, Richard Stallman, David G. Torres, Santiago Alba Rico, Lawrence Lessig,
Paolo Virno, Fierre Bourdieu, Michel Foucault, Clifford Geertz, Lev Manovich, Carlos Scolari, Paul
Ricoeur.

Nube de tags: ruidos, pluralidade, tempo real, novos medios, procesos, hacktivismo, hipertexto,
asociacionismo, mediateca dixital, libre información, espazo de discusión, capital social,
experimentación, copyleft, cultura libre, software libre, web semántica 2.0, licenzas altentativas ao
copyright, redes sociais, comunidades abertas, estudos culturáis, estudos visuais, vida dixital,
democracia, liberdade, escáner cultural, esfera pública, ciencia social, novos modelos de sociedade,
modos de produción e reprodución social, construción cultural democrática, opinión pública,
paradoxos culturáis, cultura popular, democrática, opinión pública, paradoxos culturáis, cultura
popular, nodos sociais, evento social, on-line e on-site, artivismo, contra-modelos historiográficos,
relativismo e diversidade, reconstrución da historia, dominantes e dominados, intelixencia colectiva,
rede-finición do económico, o negocio: novos modelos, tecnoloxías de control social, información e poder, violencia e poder simbólico, xogo político, soportes e non-soportes, carencia de substrato
material, formatos non propietarios, propiedade intelectual, paradigmas estéticos, dereitos de autor,
recreación popular, participación aberta, o usuario-creador, subversión das xerarquías do
coñecemento, resistencia, presión popular, apropiacionismo.

1 LSA (La Société Anonyme), «Manifesto Redefinición das prácticas artísticas, s. 21», en http://aleph-arts.org/.

Enviar comentario
Comentarios
28 de maio do 2009 10:35, por Carlos Suárez

Chiu a túa análise da problemática cultural galega é impecable. . . os teus textos fanme reflexionar moito. . . Oxalá che escoiten. . .

En oraboa. . .

Unha aperta.

31 de maio do 2009 14:54

Moitas grazas Carlos!

Alégrome moito da túa mensaxe.

Aperta

Chiu