Unha de mapas: Visualizando o tráfico de Madrid
domingo, 4 de maio do 2008, por Berio Molina.
categorías: Conferencias

Acaba de ser publicado na galería de processing, o sistema de visualización do tráfico de Madrid chamado Cascade on Wheels, dirixido por Steph Thirion.

A información coa que foi feita o mapa interactivo, é a cantidade de coches diarios que pasan polas rúas de Madrid nun ano.

O mellor é que vexades uns videos:


Cascade on Wheels: Walls Map from steph thirion on Vimeo.

Tamén ten un increíble mezclador de son:


Cascade on Wheels: Traffic Mixer from steph thirion on Vimeo.

Cascade on Wheels foi iniciado no curso de Visualizar, no Medialab Prado en Madrid, e entre a xente implicada atopámos nada máis que a Ben Fry, de quen vimos unha conferencia aquí na páxina de alg-a hai dous dias e auténtico pioneiro nesto da visualización, Santiago Ortiz, e José Luis de Vicente, referentes importante na península á hora de pensar na visualización, Ricard Marxer, creador da librería Geomerative para processing, e culpable dunhas das transgrsións tipográficas máis duras que se viron ata o momento neste entorno. Xunto con Cristobal Castilla e Jose Hernandez, ambos de aer, e Julian Oliver

Non deixamos de "flipar" coa programación do MedialabPrado e da cantidade de proxectos que saen dos seus obradoiros, seminarios e demáis, que automáticamente se convirten en referencias internacionais. Sin duda se está convirtindo, se non o é xa, nun dos centros de creación e innovación máis importantes do mapa.

Enviar comentario
Comentarios
6 de maio do 2008 07:28, por Gisela

ORALEEEEE!

Categorías
Berio Molina