Universe. Jonathan Harris.
venres, 25 de maio do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Net art

Novo traballo de Jonathan Harris chamadoUniverse realizado en Proce55ing. Segue a liña de We feel fine, pero cun contido máis social. We feel fine esta nomeado para os premios 2007 Webby awards como mellor obra de net art, deseño e visualización.

We feel fine (Agosto 2005) por Jonathan Harris e Sepandar Kamvar é unha obra complexa que esboza as relacións humanas que se producen nos principais sistemas de blogs da rede como son LiveJournal, MSN Spaces, MySpace, Blogger, Flickr, Technorati, Feedster, Ice Rocket, e Google. Cada dez minutos se postean fotografías e fragmentos de texto que teñan relación coas palabras "eu sinto" ou "eu estou sentindo" e Wefeelfine rastréxao. Con iso esboza dalgún modo o sentir emocional dunha parte dos usuarios a tempo real. Á súa vez mostra información da ubicación espacial do remitente (así como a climatología do lugar etc), a idade, o sexo etc.

Con cada frase que aparece podes acceder ao blog de orixe. As pautas que se utilizan para procesar os contidos son similares aos motores de procura rastrexando semellanzas entre palabras e non por contidos, polo que o resultado ten ese halo mecánico das traducións automáticas e percíbese certo halo sintético revelados nos 6 movementos da exploración humana que propoñen.

O realmente interesante, a parte da súa execución que é impecable, é como a rede cada vez máis se converte nun material maleable e como certos mapas semánticos nos permiten facer zoom ao que ocorre a tempo real, algo ao que estamos afeitos cando atravesamos unha cidade e vemos como se relaciona a xente nela. Internet carece desa sensación básica de visualización de núcleos posto que moitas veces transitamos polas nosas feeds, cun itinerario de partida que se bifurca moi fácilmente en derivaciones distintas pero de contido similar. Por iso a necesidade de poder otear o horizonte, de ter unha referencia visual do que esta ocorrendo cunha visión plástica efectiva e transitable como a que propón We feel fine. 15.000 a 20.000 sensacións por día.

Este proxecto inspirouse en Listening Post , de Ben Rubin e Mark Hansen .Unha instalación que entresaca fragmentos de texto en tempo real de milleiros chat de Internet, de taboleiros de anuncios e doutros foros públicos. Os textos son lidos (ou cantados) por un sintetizador de voz, e exhíbense simultáneamente a través dunha rejilla de máis de duascentas pantallas electrónicas pequenas.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal