Universidade de verán 2009
mércores, 24 de xuño do 2009, por Zynisch.
categorías: Obradoiros, Software

A Universidade de Santiago desenvolve un ano máis o seu programa de cursos de verán Universidade de verán 2009, espallados por 18 localidades galegas. Os cursos impartiranse dende o 6 de xullo até o 28 de setembro, e abranguen moitos temas interesantes, dende a xestión medioambiental, conservación do patrimonio e relacións entre inmigración, educación e desenvolvemento até a presenza da danza, o cine ou o plurilingüismo na educación, a ficción televisiva, a sociedade do coñecemento e o software libre. Pódese atopar o programa completo na páxina da Universidade de verán: http://www.usc.es/cultura/uveran09.htm

Especialmente salientábeis parécenme o curso de A “espectacularización” da cultura, no que Chiu Longina participará cunha charla acerca do proxecto Escoitar.org; as Xornadas de control automático e robótica con ferramentas Open Source 2009 (XCARFOS 09), nas que se ensinarán os principios da programación de microncontroladores e robótica empregando a plataforma aberta de hardware Arduino, e o Obradoiro de agroecoloxía e cinema, en Ribadeo, que xirará ao redor dos filmes antropolóxicos e da natureza.

Enviar comentario
Comentarios
25 de xuño do 2009 00:25, por Berio

Grandes cursos!
Pena que o de Arduino non sexa en Lugo

Categorías
Zynisch