Como eles mesmos din na súa bio de vimeo, urbanscreen é, por un lado, un grupo de artistas multimedia libres e arquitectos que investigan e desenvolven experimentais instalacións multimedia adaptadas a areas urbanas. Polo outro lado, urbanscreen actúa como unha axencia profesional que translada o potencial creativo destas creacións artísticas nun diálogo entre e comercio e a arte.
urbanscreen está afincado en Bremen, Alemaña, e enseguida chama a atención o traballo que veñén facendo co chamado "mapped video projection", unha técnica que descubrimos co traballo de Pablo Valbuena, consistente en facer un mapeado das cualidades arquitectónicas ou espaciais dun obxecto, para interactuar con elas.
Aquí tedes un par de exemplos:
Mola muito. Gracias Berius polo aporte.
Is
Ademáis de Urbanscreen, existen outras compañías comerciais que se adican a proxección mapeadas de vídeo con resultados interesantes, aínda que a maioría dos seus traballos sexan contratados por axencias de publicidad para darlle máis notoriedade ás súas campañas.
Recomendo visionar os traballos dos franceses Easyweb [ http://www.easyweb.fr/slideshow.html ] e o estudio de San Francisco Obscura Digital [ http://www.fastcompany.com/magazine/127/obscura-lights-action.html?page=0%2C1 ]