Xa está aberto o prazo de presentación de obras ao VI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009. Ao premio poden concorrer artistas que presenten obras en soporte e técnica libres para amosar diversas tendencias do panorama da arte galega máis nova que van dende a pintura de referencias figurativas ata videocreacións, pasando por instalacións, escultura, fotografía ou pintura con técnicas diversas.

As medidas das obras non poderán exceder os 200 cm por ningún dos seus lados. As esculturas non poderán superar os 100 kg. No caso das instalacións, estas non poderán exceder das que estarían inscritas nun prisma imaxinario de 250 x 250 cm de base e 150 cm de altura. Nesta edición contémplase a posibilidade de enviar obras en formato audiovisual.

O primeiro premio está dotado con 6.500 euros, haberá tamén catro accesits dotados con 1.500 euros cada un e establecerase un premio do público, resultado da votación dos asistentes á mostra, dotado con 1.200 euros.

Bases do concurso


PARTICIPANTES

1. Poderán participar artistas, indivisual ou colectivamente, que naceran ou residan en Galiza, menores de 40 anos a 31 de decembro de 2009.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
2
. Cada artista poderá participar cunha soa obra (única ou como serie) realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, instalación…) As obras deben ser inéditas.

3. As medidas das obras para pintura e fotografía non poderán exceder de 200 x 200 cm.

As dimensións das esculturas non deberán exceder as dun cubo imaxinario de 150 cm de lado e os 100 kg de peso.
No caso das instalacións, non poderán exceder de 250 x 250 cm de base.
No caso de instalacións ou obras de formato audiovisual, deberán incluírse as indicacións técnicas sobre a forma correcta de exhibirse.
En caso de que se trate dun vídeo, debe enviar a obra orixinal acompañando a documentación.
Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as obras sobre a documentación que presente a/o artista. Nesta fase non se achegarán obras orixinais. Só se debe enviar a obra orixinal, acompañando a documentación, en caso de que se trate de vídeos.


4. As/os artistas deben enviar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI.
  • Declaración de residencia (só en caso de que no DNI figure un lugar de nacemento ou
    enderezo de fóra de Galiza)
  • Enderezo postal, correo electrónico e teléfonos de contacto
  • Nome artístico ou pseudómino co que desexa figurar no catálogo
  • Fotografía persoal(*) (o Auditorio reservarase o dereito á súa reprodución)
  • Fotografías da obra(*) que se presenta en formato dixital con calidade para a súa reprodución (formato mínimo de 21x15 cm e 300 ppp en TIF) na que se indicará a posición de exhibición
  • Ficha técnica completa da obra(*) (título, data, técnica e medidas)
  • Currículo resumido(*) que non exceda dun folio (en galego).
  • O artista poderá achegar expediente artístico con fotografías doutras obras ou información sobre o seu traballo.
  • Texto explicativo(*) -non superior ás 20 liñas- da obra que presenta ao concurso (en galego) (o Auditorio reservarase o dereito á súa reprodución)
  • Valoración económica da obra para os efectos do seguro de estancia

  • De toda a documentación que se esixe debe achegarse copia impresa en papel
    (*) Presentar tamén en formato dixital con soporte en CD.

    ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN.
    5.As/os artistas deben enviar a documentación antes das 14.00 horas do día 25 de setembro de 2009.

    Admitirase por correo a documentación selada en oficina de correos até o día 25 de setembro incluído.
    Non se aceptará documentación recibida con posterioridade á data indicada.

    6.A documentación deberá enviarse á seguinte dirección:

    Departamento de exposicións
    Ref. Sexto Premio Auditorio de Galicia
    Auditorio de Galicia

    Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
    15705 Santiago de Compostela

    SELECCIÓN.
    7.
    Unha vez recibida a documentación, o xurado fará a selección, sobre os dossieres presentados. Os artistas seleccionados formarán parte da exposición e da publicación.

    LUGAR, PRAZO E CONDICIÓNS DE ENTREGA DAS OBRAS SELECCIONADAS.

    8. O Auditorio de Galicia porase en contacto cos e coas artistas que se seleccionen para indicarlles o período de recepción das obras, que non serán aceptadas nin antes nin despois da data previamente acordada.

    9.Os gastos de embalaxe e transporte das obras, para a ida e para a volta, correrán a cargo do/a artista, que as poderá enviar por calquera medio de transporte ou presentándose persoalmente a depositalas no Auditorio de Galicia.

    10. Todas as obras deberán estar embaladas, e o Auditorio de Galicia non se responsabiliza do deterioro das obras por unha embalaxe ou transporte non adecuado. Deberán estar protexidas para a seguridade na súa manipulación. Non serán admitidas as que estean protexidas con cristal, aínda que si o serán as que o estean con metacrilato ou similar.
    O Auditorio de Galicia porá o máximo celo no coidado das obras recibidas.
    As obras participantes recibiranse no Auditorio de Galicia, avenida do Burgo das Nacións s/n, Santiago de Compostela, nas datas que se lles indicarán ás/aos artistas seleccionadas/os, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.30.


    11 En ningún caso se aceptarán obras en mal estado.

    12 Os/as artistas deberán achegar todos os elementos necesarios para a correcta instalación e exposición das obras.
    En caso de instalacións, as/os artistas estarán obrigadas/os a asistir á montaxe da súa obra se o Auditorio de Galicia o requirise, nunha data que se acordará entre ambas partes.

    EXPOSICIÓN
    13. As obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurara no mes de decembro de 2009. O Auditorio de Galicia emitirá unha póliza de seguro que cubrirá as obras durante a súa estancia no Auditorio; non se fará responsábel dos posíbeis riscos durante o transporte.


    DEVOLUCIÓN DAS OBRAS
    14. Finalizando o período expositivo, as obras poderán ser retiradas no mesmo lugar de recepción, en data previamente acordada.
    O Auditorio de Galicia non se fará responsábel da conservación das obras non retiradas.

    XURADO.
    15
    . O xurado estará composto por:

    • Don Isaac Díaz Pardo, artista e empresario
    • Don Federico López Silvestre, investigador en Historia da Arte na USC
    • Don Ignacio Barcia, decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, artista
    • Dona Alicia Murria, crítica, directora de Artecontexto
    • Dona Chus Martínez, comisaria
    • Presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia ou persoa en quen delegue como presidente deste xurado
    • Director-xerente do Auditorio de Galicia ou a persoa en quen delegue, que actuará como secretaria/o deste xurado

    O Auditorio de Galicia resérvase o dereito de substituír calquera dos membros do xurado en caso de que algún deles non poida asistir ás deliberacións.

    16. A decisión do xurado será tomada por maioría absoluta e é inapelábel.


    PREMIOS
    17.
    Os premios serán os seguintes:

    • Un primeiro premio dotado con 6.500 euros.
    • Catro accésits dotados con 1.500 euros cada un.
    • Estabelecerase tamén un premio do público, resultado da votación das persoas asistentes á mostra, dotado con 1.200 euros.

    Os premios quedan sometidos ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) de acordo coa lexislación vixente.

    18. Os/as artistas seleccionados/as autorizarán a citación o seu nome así como a reprodución gráfica da súa obra para calquera tipo de difusión ou publicación que o Auditorio de Galicia considere oportuno facer dela.


    19. A participación neste certame implica a total aceptación das súas bases e a conformidade coa decisión do xurado.
    A organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nas presentes bases, sempre que supoñan melloras que afecten directamente ao éxito do certame.
    A interpretación das bases é cometido exclusivo dos membros do xurado.
    Máis información nos teléfonos 981 574 153 e 981 552 290, ou no seguinte enderezo electrónico: exposicions@auditoriodegalicia.org

    Envío de documentación:
    Auditorio de Galicia
    Avda. do Burgo das Nacións s/n

    15705 Santiago de Compostela

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal