CARLOS CASTRO. Videolabel_12. Minutos Musicais
xoves, 29 de outubro do 2009, por nela que.

Aínda que non o pareza estamos xa no Outono. Tempo de castañas, de Saxitario, Escorpión e libra, Samaín, de ceos repletos de cores, ...e como en toda-las estacións do ano, avecíñanse cambios...

Como ben imos sabendo...cada vez sorprendémonos máis con estes cambios...hai quen di que os cambios son bos e hainos que xa non se sorprenden con nada, aínda que este traballo que nos ensina o noso amigo artista-músico Carlos Castro será dos vídeos que non nos deixará indiferentes e estou segura de que algo vai pasar en ti...

Tras esta panóplia de sustantivos, verbos, pronombres, adxectivos e demais...procedo con pouco máis a presentarvos como publicación_12, deste o voso espazo para compartir e difundir creacións audiovisuais en alg-a, o VIDEOLABEL: MINUTOS MUSICAIS.

Non vou dicir nada máis, o tempo ten os seus aliados e agora 10 minutos para a reconciliación: O autotempo.

.

“TEMPO AO TEMPO, QUE O TEMPO, TEMPO TE DA...”

NELA QUE . . .

.