Vigo transforma é un festival en Vigo entre os días 2 e 10 de Xullo. Aparte da programación musical hai unha sección artística chamada Vasos comunicantes na que varios artistas sonoros vinculados ao net label alg-a participan na sección de performances (@c, Manuela Barile, Xesús Valle, Durán Vázquez, Igmig, Carlos Suárez).
O noso querido compañeiro Berio Molina, participa coa súa instalación Augmented Sound.
Olho Livre e Nacho Muñoz imparten dous obradoiros no Instituto Camoes, sobre Software libre e Improvisación musical para nenos.
A sección de Arte urbana aínda está por confirmar polo complexo de atopar muros para pintar (legalmente).
Aquí vai o groso de información do evento:
INSTALACIONES
Communication Breakdown
Autor/es: Giles Walker
DE 11:00 A 21:00h
Rúa do Prícipe
O británico Giles Walker leva 20 anos traballando con Robots cada día. Membro do grupo de arte de guerrilla The Mutoid Waste Company, crea esculturas cinéticas e robots a partir dos materiais que atopa en despezamentos de toda Europa. As súas creacións están ideadas para adquirir un determinado carácter, non para realizar unha función determinada, o que os dota de personalidade propia. Da mesma forma, os seus robots incorporan sensores que os fan reaccionar ante o seu ámbito inmediato.
Peep show by Giles Walker from alg-a on Vimeo.
Augmented Sound
Autor/es: Berio Molina
DE 22:30 A 23:30h
Praza Do Rei
Augmented Sound (Son aumentado) é un sistema que xoga cos límites físicos dun obxecto, as súas características sonoras e a interactividade coa gente. A idea básica é extraer novas calidades sonoras a un obxecto a través dun xogo interactivo coas súas cualidades físicas. Así, o proxecto funciona en tres tempos: coñecemento do espazo físico, xeración e manipulación do son e interacción co usuario.
Augmented sound lo lab alg-a from berio on Vimeo.
Body Paint
Autor/es: Mehmet Akten
DE 11:00 A 21:00h
Casa das Artes
Mehmet (alias Memo) Akten deseña e desenvolve ferramentas de programación para explorar novas formas de interacción dixital para crear experiencias inmersivas mediante instalacións interactivas de gran formato. Memo é fundador de The Mega Super Awesome Visuals Company. O seu traballo complétase con visuais en vivo para música / danza / teatro, vídeos musicais, así como obras online e aplicacións para móbiles.
"Body Paint" Installation at "Clicks or Mortar", March 2009 from Memo Akten on Vimeo.
Aquófono
Autor/es: Parto
DE 10:00 A 22:00h
Casa das Artes
Proxecto do dúo Parto (Patxi Valera e L.A.R. Legido) iniciado no ano 2002 e desenvolvido a partir dun paradoxal xerador de son cuxo funcionamento está baseado en auga e electricidade. O Aquófono é un innovador instrumento de percusión con líquidos, unha escultura sonora portátil, un sistema infusor de gotas musicais e un laboratorio audiovisual de azar atendido.
Digital Fun Fair
Autor/es: Gavin Morris
DE 11:00 A 22:00h
Xardíns de Elduayen
Digital Fun Fair é un proxecto desenvolvido por Gavin Morris no que recicla material encontrado na rúa para crear un Parque de atraccións onde combina os novos medios, música de baile e cine.
Peep Show - 21st century Mutoscope from digital funfair on Vimeo.
PERFORMANCES
@c
DE 20:30 A 22:00h
Porta do Sol (Sireno)
Pedro Tudela e Miguel Carvalhais traballan conxuntamente como @c dende 2000. Ocasionalmente expándense a un formato trío audiovisual cando actúan coa artista austríaca Lia. Publicaron en Alg-a (Es), Crónica (pt), Index (at), Fuga Discos (ar), Grain of Sound (pt), Lanolin(at), Ristretto (pt), Silence Is Not Empty (ir), Sirr (pt), Variz (pt).
Xesús Valle
DE 20:30 A 22:00h
Porta do Sol (Sireno)
De formación autodidacta, Xesús Valle estudou percusión e técnica vocal, que aplica nas súas composicións electroacústicas. Rexistra todo tipo de paisaxes e eventos sonoros que manipula no ordenador, para crear composicións narrativas en tempo real.
Igmig
DE 20:30 A 22:00h
Porta do Sol (Sireno)
Matrimonio artístico entre Ig e Mig. Naceron nun tempo e nun espazo indeterminados entre milnovecentos e pico e dous mil non sei cantos, entre Souto Justo e Arcade. A violencia dos primeiros ensaios nunha sombría adega abandoada rompeu nunha gratitude cara ao mundo e decidiron agasallarlle sons ás obras das rúas e os almacéns de tubos. Máis adiante aniquilaron os seus instrumentos convencionais e hoxe en día sobreviven como prolongación de aparatos con sensores e micrófonos para poder berrarlle máis alto ao mundo.
Carlos Suárez
DE 20:30 A 22:00h
Porta do Sol (Sireno)
Compositor e etnomusicólogo galego, Celanova 1966, emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galicia en 2003. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas.
Manuela Barile
DE 21:30 A 22:30h
Porta do Sol (Sireno)
Manuela Barile é unha artista multidisciplinar e performer vocal italiana que vive e traballa en Portugal. A súa pesquisa artística é baseada nunha lóxica de concepción de proxectos que combina a voz con diferentes media (performance, field recordings, radio, vídeo, fotografia). “Oikos” é unha performance de Manuela Barile. Dos vídeos son proxectados en paralelo na mesma parede. O primeiro amosa a artista nunha casa abandonada e baleira. O segundo é un vídeo en tempo real e amosa un obxecto, símbolo de cada división da casa. Ao vivo, a artista interrogase consigo mesma facendo contraponto a súa propia voz. A acción performativa comeza e acaba cun traballo a capella con voz. Oikos é parte de “Locus in Quo”, un proxecto multidisciplinar de Manuela Barile producido pola Binaural/Nodar e financiado polo Ministério da Cultura Português.
Parto. Aquófono
DE 18:00 A 21:30h
Casa das Artes
O Aquófono é un instrumento musical sen precedentes xa que produce o seu son por medio da percusión controlada de pingas e chorros de auga que impactan sobre oito sensores de contacto. O concerto do Sono é unha viaxe sonora sen inquedanzas, sempre a menos e interior, abertos á escoita de sonidos primordiais, de instrumentos inspirados nos elementos da natureza, cómodamente deitados ou sentados para disfrutar simultáneamente da vídeo proxección a tempo real das gotas musicais. Proponse unha cita íntima baixo unha choiva sonora leve e amable, axeitada para pechar os ollos e mergullarse no fondo da música da auga.
Durán Vázquez
DE 20:30 A 22:00h
Porta do Sol (Sireno)
Durán Vázquez traballa na busca dunha linguaxe que pretende afastarse das convencións sociais aínda que empregando todos os artificios posibles, mesmo a imitación ou a insolencia do mal chamado "ruído", que non é máis que tabús que é preciso botar abaixo, convencións musicais que son reflexo dunha sociedade de clases.
Mwëslee
DE 20:30 A 23:30h
Porta do Sol (Sireno)
Diego Cobo alias ’Mwëslee’ é un artista e produtor fincado en Vigo. É un dos membros fundadores de Arkestra, colectivo convertido nun dos epicentros da vangarda musical “dende Galicia para o mundo”. Mwëslee participou en numerosos concertos representando a Red Bull Music Academy, SÓNAR 06 e 09, e un longo etc. Recentemente, en abril de 2010, saíu á luz o seu esperado novo traballo chamado EuroCarne publicado co prestixioso selo Nod Navigators/ Kindred Spirirts, recibindo moi boas criticas a nivel nacional e internacional.
OBRADOIROS
Obradoiro de escoita e experimentación sonora para nenos
Imparte: Ignacio Muñoz
DE 10:00 A 14:00h
Instituto Camoes
O obxectivo principal deste obradoiro é que os nenos (maiores de 10 anos) experimenten, de primeira man e cun proxecto persoal ou colectivo, pero non guiados por un profesor, os principais procesos creativos do mundo sonoro e a interrelación con outros proxectos artísticos semellantes.
Migrando a Linux
Imparte: Olho Livre
DE 16:00 A 20:00h
Instituto Camoes
Insertados/as como estamos nunha sociedade do coñecemento, facilitar a migración e adquisición de competencias básicas datecnocultura audiovisual en software libre implica apostar pola liberdade de acceso ao coñecemento e pola redución da brecha dixital. Este taller está aberto a todo tipo de persoas con interese por coñecer e/ou migrar ao emprego de aplicacións de software libre, pero requírense coñecementos de informática a nivel usuario.
estiven de vacacions pero aplausosssssssss!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!