Vasos comunicantes, Vigo Transforma 2011
xoves, 16 de xuño do 2011, por isaac-cordal.

INSTALACIONES

Amplificador de segredos
Artistas: Xulio Lago e Roberto Braña
Datas: Do 23 de Xuño o 2 de Xullo

Xulio Lago e Roberto Braña recuperan un recurso da comunicación lúdico da nosa infancia: dous iogures unidos por un fío. Neste caso, magnifican a súa escala, os dous vasos teñen un diámetro de 2,2 m e un longo de 3,2 m unidos por un cable de corda variable dependendo do espazo dispoñible.

Os iogures convértense nun obxecto físico que representa do mellor xeito posible a idea de Vasos comunicantes. Un proxecto interactivo que permite á expresión musical e oral por parte do público.

Xulio Lago e Roberto Braña son os autores da famosa cadeira xigante do monte A Torre, en Meira.

Blitztag e Led throwies
Artistas: GRAFFITI RESEARCH LAB GERMANY
datas: 30 de Xuño (Led Throwies) 1 e 2 de Xullo (BlitzTag)

Graffiti Research Lab Germany é un colectivo de artistas dixitais dedicado a equipar aos escritores de grafiti, a artistas urbans e activistas coas tecnoloxías de código aberto para a comunicación urbana.
GRL Alemaña desenvolve un novo hardware / software de solucións para a comunidade GRL producindo intervencións urbanas apoiando diversas causas políticas e sociais dentro de Berlín e o resto de Alemaña.

blitzTag é un sucesor para o software orixinal de proxección de bombardeos de tags en grandes superficies, , L.A.S.E.R. Tag, desenvolvido por Theo Watson e Zach Lieberman.. blitzTag é unha instalación interactiva na que o público escribe por medio dun láser nas paredes a unha escala ata agora inimaxinable.

LED Throwies, desenvolvido por primeira vez por Graffiti Research Lab (Nova York) en Eyebeam , consta dun LED, unha pila de moedas, e un imán. Fácil de montar, lanzando os Leds sobre estruturas metálicas para convertelos en lenzos.

LED Throwies - Kottbusser Tor from Jesse Scott on Vimeo.

CONTENEDORES
INSTALACIÓNS- ACCIONES- EXPOSICIÓNS
Datas: Do 24 de Xuño ao 2 de Xullo
Lugar: Praza da Estrela

Na presente edición de Vigo Transforma 2011, dentro da sección artística do festival chamada Vasos comunicantes, varios artistas galegos vinculados á arte urbana, graFfiti e mural van intervir dous contenedores situados na Praza da Estrela.

Esta intervención mural está ligada ao traballo audiovisual realizado por Pablo Outón titulado Muro público. Unha curtametraxe experimental, a modo de time-lapse documental que propón unha reflexión en torno ao concepto de propiedade da Arte pública a través do apropiacionismo creativo no contorno urban. Un colectivo de artistas integra pictóricamente a publicidade que ateiga as rúas nas súas sucesivas obras murais dando voz narradora á cidadanía que transita o espazo entrópico do encadre visual.

MURO PÚBLICO Trailer from Lentus Audiovisuales on Vimeo.

Artistas que participarán no proxecto de Muro público:
Berto Gracia, Branda, Minia Regos, Antía Sánchez, Tayone, Nando Vázquez, Manuel Silva, Pablo Outón e Ana Santiso

No interior dun dos dous colectores situados na Praza da Estrela haberá unha exposición baixo o título Muro público, na que se proxecta o curto documental co mesmo nome, así como expoñense distintas fotografías dos murais acabados na intervención e obra dos artistas participantes. No outro contenedor haberá outra exposición que leva por título II Totum Revolotum, organizada por Alg-a e a asociación Amálgama, con obra gráfica de pequeno formato de artistas galegos.

Artistas participantes na exposición:

Kardos Bueu, Santi Zubizarreta, Peri, Doa Ocampo, Lucía García, David MrTheFreak, Elara Elvira, Beatriz Lobo, Berto Fojo, Haz, Natalia Umpierrez Ines Casarejos, M8K8/Miriam Cartagena, BettyBlue, Javier Perez De Lis, Andrés Magán, Tamara de la Fuente, Gloria Alonso e Tayone

_ Comecocos Bahía
Autores: TransBahía Pacman
Datas: 1 e 2 de Xullo

O proxecto consiste na instalación dunha macro-proxección dun videoxogo sobre a fachada do Hotel Bahía.

TransBahía Pacman, o equipo que presenta este proxecto, quere dar vida a este emblemático edificio da cidade olívica proxectando sobre a súa fachada un clásico dos videoxogos como é o Comecocos. Ao que xa de seu, considérano arte postmoderno.

A nosa intención é facer unha proxección tendo sempre en conta a superficie sobre a que proxectamos. TransBahía Pacman modificarán un xogo xa creado, adaptándoo á forma de fiestras e paredes do edificio. O público converterase en parte activa da proposta manipulando por medio de joysticks a nova versión do famoso vídeo xogo.

http://www.vigotransforma.com/2011/fotos/come4001149615391.jpg

The Church of the Blind Reverend
Artista: Giles Walker
Fechas: Do 28 de Xuño ao 2 de Xulio.

Por segundo ano repite en Vigo Transforma o artista británico Giles Walker.

Giles estivo traballando con robots nos últimos 20 anos construíndo esculturas cinéticas e robots con materiais atopados en diferentes depósitos de chatarra de toda Europa.

Peep show by Giles Walker from alg-a on Vimeo.

Sonosferas
Artista: Chiu Longina
Datas: Del 23 de Xuño ao 2 de Xullo

Logo da súa xira por Alemaña, Italia ou México, o Macrófono de Chiu Longina (antropólogo e artista sonoro) chega a VIGOTR4NSFORMA para propor un debate público sobre o esquecemento histórico da orella. Esa hexemonía da vista sobre o oído é evidenciada nunha acción pública na que un micrófono xigante pasea pola cidade, transmitindo pola radio algúns dos sons propios da cidade, aqueles que definen o seu carácter acústico.

Transmitirá tamén os sons do festival gravados co maior micrófono construido na historia recente. Escoita! ou a túa voz volverache tolo (dicía o proverbio chinés).

Waves
Artista: Daniel Palacios
Datas: 28 de Xuño a 2 de Xullo

Un longo anaco de corda representa tridimensionalmente unha serie de ondas flotando no espazo, á vez que estas producen son pola propia física do seu movemento: a corda que crea o volume, crea simultaneamente o son ao cortar o aire, conformando un único elemento.

Segundo comportémonos fronte a peza, segundo a cantidade de observadores e os seus movementos, pasará dunha liña estable sen son a formas caóticas e sons irregulares (canto máis movemento haxa ao redor da instalación) a través de diferentes estadios de ondas sinusoidales e sons armónicos.

Este tipo de influencias acción-reacción aplicadas ao son e ao espazo, son a base desta instalación.

Waves from Daniel Palacios on Vimeo.

PERFORMANCES

SYNTHOSCOPE
Artista: Servando Barreiro (GZ)
Sección: Performance-Acción
Fecha: Venres 24 de Xuño

Synthoscope é unha performance audiovisual na que se explora a relación entre as frecuencias de audio e a representación visual das mesmas.

A parte de audio é xerada a tempo real por medio de sintetizadores caseiros en combinación con outro tipo de tecnoloxía dos 70.
Un destes xeradores de audio é un "imán da bobina" que transforma as ondas electromagnéticas invisibles. É interesante ver como ata sen unha computadora na configuración, case todo o que teñen pilas ou vai conectado á enerxía xera un campo electromagnético importante ao seu ao redor.

A nova versión de Synthoscope manipula un par de láser hackeados, un paso que evita a necesidade de utilizar un "pesado" osciloscopio cámara proxectores ... ..

http://www.servandobarreiro.es
http://www.minitronics.net

Moita poesía, pouca diversión
Artistas: Lucía Aldao e María Lado
Data: 27 de Xuño

Como é un espectáculo de poesía, o título non é outra cousa máis ca una metáfora. Quen saiba ver detrás a letra do grupo punk Eskorbuto, esa que reza “mucha policía poca diversión/un error, un error!”, pode xa facerse unha idea clara da actitude coa que nacen os recitais de Lucía Aldao e María Lado.

Moita poesía, pouca diversión pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense de tal provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza o espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión... pero sobre
hai comunicación poética pura e verdadeira.

Con este e outro espectáculo anterior, Aldao e Lado levan xa cinco anos circulando por teatros, salas, festivais de poesía, museos, casas da cultura, institutos, bares e outros moitos sitios insospeitados dentro e fóra das fronteiras galegas. O seu recital adaptase a cada circunstancia e a cada público porque a súa esencia é o directo, a inmediatez.

Os textos que compoñen o recital son poemas propios, creados polas dúas poetas, algúns inéditos e outros recollidos en libros ou revistas. A música, parte substancial do espectáculo, pona a guitarra e a impresionante voz de Lucía.

Parkour sonoro (a cidade como instrumento)
Artista:MDMME
Sección: Performance-acción
Data: Venres 24 de Xuño

Series de intervencións sonoras espontáneas no espazo público de Vigo.

VIDEO> http://www.alg-a.org/ignicions

PROXECCIÓNS

Contra a morte. Unha aproximación a Lois Pereiro
Guión e dirección: Alexandre Cancelo e Iago Martínez
Día de proxección: 28 de Xuño
Lugar: Novo Tinglado do Porto de Vigo
Hora: 20:00h

A película é froito de cinco anos de traballo, boa parte deles dedicados a investigar a vida e a obra de Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996). O relato, que devén un retrato xeracional urxente e impresionista, como visto dende un tren, está construído a partir de trinta testemuños, dende escritores a amigos do poeta sen ningunha relación coa literatura.

Tanto Alexandre Cancelo como Iago Martínez estarán presentes na proxección e farase un coloquio-charla sobre o documental e a figura do poeta Lois Pereiro.

Iago Martínez (Vigo, 1979) é xornalista. Traballa como xefe de Cultura en Xornal de Galicia, onde tamén coordina o suplemento dominical Contexto, e escribe regularmente en Rockdelux e ProTexta, a revista de libros de Tempos Novos, da que foi coordinador e editor durante varios anos. Comezou os estudos de Filosofía na Universitat de Barcelona e licenciouse en Ciencias da Comunicación na de Santiago. Até agora pasou polas redaccións de O Miñor, Atlántico Diario, 20 Minutos e Tempos Novos e colaborou en Mondosonoro e a edición galega de El País. Como investigador ten publicado traballos sobre a obra xornalística de Carlos Casares, da que é compilador, e o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación.

Lois Pereiro. Vida e obra (Xerais, 2011), unha biografía do poeta, é o seu primeiro libro.

Alexandre Cancelo (Vigo, 1978) estudou guión e dirección na AICB de Barcelona, especializándose en documental e formatos televisivos no Taller del Guionista. A partir de aí céntrase case exclusivamente nos seus estudos de guión, sendo o documental a base da súa formación en seminarios con profesionais do talle de Lech Kowalski. Acude tamén a un curso centrado nas diferentes facetas da produción e dirección de documentais a cargo de Isaki Lacuesta no Observatori de Barcelona. Máis recentemente realiza no CGAI o curso La Ficción Documental co actual director do BAFICI, Sergio Wolf. Nos últimos anos combina a súa labor como xefe de prensa de diferentes festivais, primeiro do Festival AMAL e actualmente do Festival Sinsal, con traballos no audiovisual. Na actualidade traballa como guionista para Zinqin Audiovisual en diferentes proxectos que se irán concretando nos próximos tempos.

Título:Oscar
Director:Sergio Morkin
Documental. (2004)
Día de proxección: 23 de Xuño
Lugar: Novo Tinglado do Porto de Vigo
Hora: 20:00h

Oscar manexa un taxi 12 horas diarias para gañarse a vida. Constantemente é atravesado polo bombardeo publicitario das rúas de Bos Aires. No baúl do Peugeot 504 leva botellas con engrudo, pintura e recortes de afiches. Cando a banderita do taxi está libre, detén o auto, consegue prestada unha escaleira e intervén o afiche publicitario elixido utilizando técnicas de collage e pintura. A película vira ao redor dun emerxente artístico que nace da crítica situación socioeconómica da Arxentina. Oscar é un home que loita por defender a súa liberdade, que resiste e reacciona dun modo creativo. Un artista para quen a arte debe ser actividade. A situación económica do país empeora ao longo do filme e isto reflíctese na realidade do protagonista, tanto no persoal como no artístico. Mergullado neste caos nacional, a súa obra vólvase aínda máis combativa.

Ficha técnica Oscar (Argentina, 2004). Dirección: Sergio Morkin. Cámara: Federico Serafín, Nicolás Avruj, Sergio Morkin, Sebastián Menacé. Música: Miguel Rausch. Edición: Andrea Yaninno, César Custodio, Sebastián Schindel, Federico Martignoni Tilbe, Nicolás Avruj, Sergio Morkin. Sonido: Carolina Sandoval, Gaspar Scheuer. Producción: Nicolás Avruj, Sergio Morkin. Productora: Morkin-Avruj. Coproductora: El Salto Producciones. Co apoio do Fondo Nacional de las artes e a Fundación Alter-cinè - Agencia Española de Cooperación Internacional. Duración orixinal: 61’. DV-Cam.

Título: Muro público
Autor: Pablo Outón.
Ano: 2010
Curtametraxe documental.
Día de proxección: 23 de Xuño
Lugar: Novo Tinglado do Porto de Vigo
Hora: 20:00h

Unha curtametraxe experimental, a modo de time-lapse documental que propón unha reflexión en torno ao concepto de propiedade da Arte pública a través do apropiacionismo creativo no contorno urbán. Un colectivo de artistas integra pictóricamente a publicidade que ateiga as rúas nas súas sucesivas obras murais dando voz narradora á cidadanía que transita o espazo entrópico do encadre visual.

MURO PÚBLICO Trailer from Lentus Audiovisuales on Vimeo.

.