Venres OpenLab
martes, 25 de marzo do 2008, por Paola.

O venres 4 de abril ás 19h preséntanse en Medialab-Prado os Venres OpenLab, un espazo de traballo, encontro e experimentación aberto a todos aqueles interesados en desenvolver ou colaborar en propostas, prototipos ou experimentos con obxectos electrónicos interactivos e sonoros, ou con sistemas de visión artificial.

As persoas interesadas en participar nestas reunións poderán vir traballar ao espazo de Medialab-Prado, e por os seus proxectos en común con outra xente, compartir con outros asistentes posibles solucións a problemas técnicos ou reorientar os seus desenvolvementos en colaboración con outras persoas.

As reunións centraranse en:

* Desenvolvemento de proxectos e prototipos

* Discusión teórica

* Punto de encontro e de presentación de propostas de colaboración

Grupo de traballo inicial (ao que se poderán ir sumando outros interesados):
Yago Torroja (ETSI Industriais), Enrique Esteban (ETSI Industriais), Enrique Tomás (Laboratorio de Robótica da Universidade Carlos III de Madrid), Ángela Ramos (Colaboradora de Arduino España), Igor González (Colaborador de Arduino España), Jorge Cano (artista e profesor do IED), Martín Nadal (programador e artista), Pablo Ripollés (ETSI Aeronáuticos).

.