Versión beta Ginger do netvibes
venres, 15 de febreiro do 2008, por Berio Molina.
categorías: Internet

A ferramenta de internet Netvibes basada nos mushups, está actualizando o seu sistema á versión beta de Ginger, e se convirte dende o meu punto de vista, nunha das ferramentas máis interesantes en canto a mushups e all-in-one na internet.

Ata o momento Netvibes se reducía basicamente a un lector de feeds online, máis algún que outro widget, que non acababan de pasar do anecdótico. Pero con esta nova versión, realmente pegaron un grande salto e se convirte nunha ferramenta de grande utilidade donde ter centralizado tódalas actividades doutras páxinas webs como vimeo, facebook, gmail, flickr, etc...

O gran cambio ben co que chaman os universos netvibes, que non é máis que a conta de netvibes que tiña cada usuario de forma privada, pero agora pública e visible polos demáis usuarios, polo que convirte a esta ferramenta á web social.

Para os que xa teñades unha conta netvibes, que sei que en alg-a hai uns cuantos, e queirades actualizar á nova versión beta de Ginger, tedes que ir a esta ligazón e seguir os pasos:
http://ginger.netvibes.com/?id_invite=GINGER4U.

Cando actualicedes podemos facernos amigos, este é o meu universe (aínda está moi verde xa que mo actualizaron onte, tardaron unha semana máis ou menos en actualizar o meu sistema á nova versión, dende que o pedín): http://www.netvibes.com/berio

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina