Como cada último sábado de cada mes, o día 25 temos un novo mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14 h.
Quedades tod@s invitad@s a participar: traede os obxectos que queirades trocar e vinde a gozar da festa da rúa. Podedes levar calquera cousa que queirades: roupa, libros, mobles, electrodomésticos... e tede en conta que non se trata de desfacervos dos trastos vellos, senón de cambiar o que non usades polo que precisades. Nesta ocasión, o mercadiño estará especialmente adicado ao troco de libros, así que nesta ocasión a festa do troco será tamén a festa da literatura.
O troco é ecolóxico, sostible e responsable. Se queres combatir a crise, fomenta con nós o troco!
Participa activamente e recupera a rúa para o uso cidadán.
Recorda: o sábado 25, de 12 a 14 h. fronte ao mercado do Calvario, ven trocar connosco. ¡Este mes, mercadiño de libros!
Organizan:
Amarante,Árbore, Caleidoskopio, Trebelab, Semsumistas e Verdegaia