A través da páxina do estupendo netlabel 12rec, que por certo acaban de sacar unha nova publicación do grupo raflesia (Hip hop). Atopamos coa referencia a unha páxina para compartir video, chamada Vimeo. Na que nos din, irán publicando os videos das referencias do seu netlabel. De momento só teñen unha de Jasmin.
Vimeo é unha paxina estilo youtube ou daylimotion, pero coa diferencia que esta é máis pequena, se respira moito máis cariño, coidado e amor polas cousas, podes descargar directamente os videos da páxina, sin a necesidade de instalarte o plugin videodownloader para firefox, e non manexan cifras astronómicas.
En fin, eu me paso a Vimeo.
as imaxes me lembran un Getz polas rúas de Pontevedra. A música é un pouco mítica pero non está mal.
A páxina de Vimeo está moi ben. Botei unhas risas no chollo.