Este é o primeiro capítulo, a modo de introducción, dunha serie de capítulos donde faremos un acercamento á visualización de conceptos e ideas a través da programación.

Da mesma forma que se fan bocetos como tomas de contactos, representación e proceso de realimentación de ideas e creacións mentais, mostraremos fragmentos de código, empregados para visualizar estas ideas, para extendelas e para crear.

Comezamos pois con esta introducción, unha serie de artigos, que poremos baixo o título de visualización de conceptos, nos que falaremos de conceptos ligados á creación e a moitos outros ámbitos como á bioloxía, por exemplo, que son representados gráfica ou acústicamente a través de código para ter unha maior comprensión, para expandelos e crear.

A extructura que rixirá está serie de artigos estará basada en que en cada capítulo se mostrará un concepto e as extratexias e ferramentas que se levaron a cabo para a súa visualización.

Últimamente está tendo moita presencia no contexto da creación en relación cos media, o concepto de visualización (ollo, non confundir con visibilidade, do que non se para de falar no contexto da "arte contemporánea", sobre todo aquí en Galiza. Nótese o matiz e a diferencia de actitude nós términos; mentres que visualización é activo, directo e fai referencia a un sistema construído para ver, visibilidade é pasivo, abstracto e fai referencia a fenómenos contextuais que impiden ou permiten que algo se vexa. Mentres que coa visualización o suxeito actúa sobre o contexto, na visibilidade, o contexto actúa sobre o suxeito. Boa metáfora, pero isto é outro tema).


"Esto non é unha pipa" de René Magritte. O concepto e a visualización de si mesmo manifestándose en todo seu explendor. "Eu non son unha pipa, son unha visualización do concepto de representación a través de min mesma".

Como iamos contando, estanse celebrando dende hai xa tempo, varios encontros, mostras, congresos, editando publicacións e desenvolvendo aplicacións, co suxeito principal da visualización de datos. Sin duda unhas ferramentas que se antoxan moi necesarias debido ao forte e potencial aumento da información almacenada, entre outras causas, dende que xurdíu internet e a súa inmensa capacidade para aloxar datos. Cómo acceder a esa información e como mostrala ao usuario para que sexa manexable e poida mostrarse dende multiples formas diferentes e dende angulosos ou directos puntos de vista, é un dos campos que está tendo máis protagonismo, como xa dixemos, nas inquietudes das mentes tageadas.

Tendo esto como primeiro punto de motivación para facer estes capítulos, e como segundo, a facilidade que proporcionan os códigos informáticos de programación para facer visibles fórmulas matemáticas, que proceden directamente do desenvolvemento de conceptos e ideas da xente que se dedica a pensar e a crear, ben observando a natureza, comportamentos sociais, desenvolvemento de máquinas, arte, etc... Decidimos facer esta serie de capítulos donde:

1. Mostrarase contido relacionado coa visualización de conceptos e ideas (ollo, non coa visualización de datos).
2. Mostrarase un concepto ou idea por capítulo.
3. Mostrarase cal é o código empregado para visualizar estes conceptos, ben sexa con processing, actionscript ou con calqueira outro entorno. É decir, cal é o algoritmo empregado para facer visible a idea. É decir, cal é o fragmento de código que logo podemos copiar, pegar e modificar para realizar as nosas creacións.
4. Mostraranse varios traballos feitos por creadores baixo eses conceptos, que empregaron o código mostrado para levalo a cabo.
5. Mostraranse ademáis os traballos históricos e pioneiros relacionados con eses conceptos.
6. Daránse referencias bibliográficas para os que queirades profundizar máis no tema.

Nota:
Os capítulos non se van a tratar dende un punto de vista especializado, senón dende o punto de vista dun usuario máis que atopa moi interesante este tema, dunha increíble beleza, e dunha riqueza tal que merece que se lle dea difusión e se coñeza máis.

Nota2:
Os libros de partida, que probocaron que esta idea de visualización de conceptos aparecera por primeira vez diante dos meus ollos, que empregaremos en moitas ocasións nestes capítulos son:
Processing: A programming handbook for visual designers and artists, escrito por Casey Reas e Ben Fry, creadores de processing.
Procesing: Creative Coding and Computational Art, escrito por Ira Greenberg.
The Computational Beauty of Nature, escrito por Gary William Flake.
Creative Code, escrito por John Maeda.

Nota3:
A peridiocidade de publicación dos capítulos non será estable. É decir, publicaránse a medida que se fagan, e a medida que vaiamos coñecendo novos algoritmos e novos conceptos.

Próximo Capítulo:
Visualizando conceptos. Capítulo 2: Os vehículos de Braitenberg.


Flock of birds from flight404 on Vimeo.
Unha das aplicacións da idea dos vehículos de Braitenberg que veremos no próximo capítulo.
Flock of brids, de flight404

Ata a próxima.

Enviar comentario
Comentarios
15 de xaneiro do 2008 17:07, por madamme

definitivamente son berioadicto

17 de xaneiro do 2008 19:13, por berio

Ja ja ja, moitas gracias Madamme, sigámonos drogando xuntos logo.

Unha aperta ben forte.

20 de xaneiro do 2008 10:40, por Carlos Suárez

Beriu.

Identifícome moito con esta idea:

"falaremos de conceptos ligados á creación e a moitos outros ámbitos como á bioloxía, por exemplo, que son representados gráfica ou acústicamente a través de código para ter unha maior comprensión, para expandelos e crear."

Eu durante anos intentei reformular as estruturas sonoras naturais para con elas crear a semántica da miña linguaxe musical.

Seguire de cerca as túas articulos.

Apertas

Carlos

21 de xaneiro do 2008 06:50, por Gisela

Ostraaaas! que buena idea! por favor, abramos un openlab vía skipe! jajaja Master!

Esperaremos los próximos capítulos... mientras tanto éstos vídeos están super interesantes.

Gracias!

21 de xaneiro do 2008 07:02

Por cierto, si alguno de vosotros, teneis la oportunidad de pasar por Madrid, visiten MediaLab Prado, la gente es super maja, hay varios libros acerca de este tema y a demás están los ejemplos de los ejercicios realizados de hace unos meses... se pueden ver e interactuar con ellos! Están buenísimos!

.